Jesús Soto Lemos, finado en Chantada en marzo de 1987,La Voz de Galicia, Lugo, 19-3-1987, p. 25. foi un banqueiro e político galego.
Traxectoria Fillo de Benito Soto Linares e herdeiro da Banca Soto. Formou parte da Rondalla Filarmónica de Chantada. Fundou co seu irmán Ramón o Fortuny, o primeiro equipo de fútbol de Chantada. Con José García "Pepete" organizou os exploradores de Chantada, que tiveron banda de trompetas e tambores. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Chantada,El Pueblo Gallego, 9-5-1930, p. 9. tomando posesión o 5 de abril de 1930.El Pueblo Gallego, 6-4-1930, p. 12. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe local de Falange Española Tradicionalista y de las JONSEl Progreso, 13-2-1942, p. 2. e deputado provincial. Finou en Chantada aos 90 anos.
Vida persoal
Casou con Alicia Rodríguez Osorio e foi pai de Alicia, Jesús, Amadora, María, Luis, Manuel e Castor Soto Rodríguez. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Corporación municipal de Chantada
Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Alcaldes de Chantada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Finados en 1987