O Premio Nacional de Investigación Enrique Moles é un premio de Ciencia e tecnoloxía químicas convocado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de España. O premio instaurouse en 2001 e pertence xunto con outro nove premios aos Premios Nacionais de Investigación. A dotación ascendía a 100.000 €. Recuperados en 2018 tras varios anos sen convocarse, a dotación actual ascende a 30.000€.

O obxectivo de todos estes premios é o recoñecemento dos méritos dos científicos ou investigadores españois que realizan «un gran labor destacado en campos científicos de relevancia internacional, e que contribúan ao avance da ciencia, ao mellor coñecemento do home e a súa convivencia, á transferencia de tecnoloxía e ao progreso da Humanidade».

Premiados AnoInvestigadorActividades2001José Joaquín Barluenga MurSíntese orgánica, síntese asimétrica, síntese orgánica dos complexos dos metais de transición2003Manuel Rico SarompasResonancia magnética nuclear2005Miguel Valcárcel CasesSensores bioquímicos de flujo continuo, fluídos supercríticos, reaccións enzimáticas, nanotubos como fases estacionarias na electroforese capilar2007Luís Oro GiralQuímica organometálica, catálise homoxénea2009Eugenio CoronadoMagnetismo molecular2011Ernest Giralt LledóDeseño, síntese, modificación controlada e estrutura de péptidos e proteínas, funcionamento de proteínas relacionadas co desenvolvemento do Alzhéimer2018Luís Liz MarzánPolas súas numerosas e significativas contribucións nos campos da química coloidal e a nanociencia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Premio Nacional de Investigación

Categoría:Premios Nacionais de España Categoría:Premios científicos