Guru Gobind Singh (|gʊɾuː goːbɪn̯d̯ᵊ sɪ́ŋgᵊ|), nado como Gobind Rai en Patna o 5 de xaneiro de 1666 e finado en Hazur Sahib o 7 de outubro de 1708, foi o décimo gurú sikh, mestre espiritual, guerreiro, poeta e filósofo indio. Cando o seu pai, Guru Tegh Bahadur, foi decapitado por rexeitar converterse ao islam,Guru Tegh Bahadur BBC Religions (2009) Guru Gobind Singh instalouse formalmente como o líder dos sikhs aos nove anos. Os seus catro fillos morreron mentres Singh aínda vivía, dous en batalla e dous executados polo exército mogol.

Entre as súas contribucióna ao sikhismo están a fundación da comunidade de guerreiros sikh chamada Khalsa en 1699 e a introdución dos cinco K, os cinco artigos de fe que os sikhs khalsa levaban nesa época. Gobind Singh tamén continuou coa formalización da relixión, escribiu importantes textos relixiososSingh, Patwant; (2000). The Sikhs. Alfred A Knopf Publishing. Pages 17. . e consagrou a Guru Granth Sahib como gurú eterno do sikhismo.

Traxectoria Orixes Nomeado dende o seu nacemento como Gobind Rai, foi instruído a partir dos cinco anos en linguas e literatura indoiranianas, persa e sánscrito. Foi adestrado militarmente no estilo bélico Kalaripayatu, no que acabou por dominar todas as diversas técnicas e finalmente institucionalizou o gatka como unha formación obrigatoria e fundamental para todos os sikhs.

Na súa maioría de idade alistou adeptos (varóns e mulleres) para liberarse da invasión persa, que xa levaba varios séculos oprimindo todos os estratos sociais, impoñendo á poboación a conversión ao islam mediante a tortura e obrigándoos a render tributos e ofrendas económicas ao Imperio Mogol. Durante toda a súa infancia Gobind Rai foi testemuña da opresión persa sobre a poboación india, vendo aos nove anos a execución do seu pai, ordenada polo emperador Aurangzeb. Tralo asasinato, Gobind Rai foi elixido décimo e último gurú vivente, polo que se lle chamou a partir dese momento Guru Gobind Singh.

Accións e legado Aos dezaseis anos, presidiu a corte político-marcial sikh en Anandpur Sahib. Dende o presidio Gobind Singh estivo continuamente en estado de guerra, facendo compatriotismo cos altos xefes guerreiros Kali Cchela e Durga Cchela en contra das autoridades mogolas. Estas accións obrigaron a corte sikh a saír de Anandpur en 1704, matando máis de 32 000 soldados (entre eles 1270 mulleres) e os fous fillos pequenos de Gobind Singh, asasinados por incineración.

Unha lenda épica narra como Gobind Singh deu morte ao emperador Aurangzeb, lanzándolle unha frecha ao corazón que percorreu a distancia dun quilómetro. Ao causar a morte do sanguinario Aurangzeb apoiou as pretensións do futuro emperador Bahadur Shah (1643–1712) de ocupar o trono e de abolir todos os actos violentos en contra de todas as relixións, outorgando por primeira vez a implantación non bélica do islam.

Gobind Singh morreu asasinado, tras ser ferido por unha daga no peito antes de que puidese persuadir a Bahadur Shah de permitir o regreso da corte sikh a Anandpur.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Singh, Prof. Surinderjit, Guru Gobind Singh's Zafarnamah Transliteration and Poetic Rendering in English. Singh Brothers, Amritsar. 2003. .

Sri Dasam Granth Sahib: Questions and Answers: The book on Sri Dasam Granth Sahib

Categoría:Nados en Bihar Categoría:Nados en 1666 Categoría:Finados en 1708 Categoría:Personalidades do sikhismo Categoría:Escritores da India Categoría:Escritores en lingua braj