Gumersindo López Figueroa, coñecido como Lama Marín, nado en Merlán (Chantada) cara a 1891, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1931.La Voz de Galicia, 3-7-1931, p. 8. Propagandista agrario, foi secretario do comité directivo da Federación de Sociedades Agrarias da provincia de Lugo dende 1923,El Progreso, 1-2-1923, p. 1. e colaborou no seu órgano El Agro. Foi secretario da Federación de Agricultores de Chantada dende 1925,La Zarpa, 22-12-1925, p. 1. volveu ser elixido secretario contador da Federación en 1928.Vida Gallega, 11-3-1928, p. 47 Foi elixido concelleiro de Chantada nas eleccións do 12 de abril de 1931. Foi o avogado de José Sabariz García, que sufriu un atentado nas eleccións de febreiro de 1936 e finou en marzo.El Pueblo Gallego, 22-3-1936, p. 10. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de responsabilidade civil en 1937BOE, 17-4-1938, p. 6829. e foille incoado expediente de Responsabilidades Políticas en 1940.BOE, 9-4-1940, p. 1794.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Avogados de Chantada Categoría:Concelleiros de Chantada Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1891

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes