The Monitor é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Titus Andronicus, publicado o 9 de marzo de 2010 a través do selo XL Recordings. Trátase dun álbum conceptual lixeiramente baseado en temas relacionados coa guerra civil estadounidense.
O título do disco é unha referencia ao USS Monitor, o primeiro acoirazado comisionado pola Armada dos Estados Unidos de América, e o tema de peche "The Battle of Hampton Roads" refírese á batalla entre o Monitor e o CSS Virginia, que tivo lugar os días 8 e 9 de marzo de 1862; segundo a banda, "o lanzamento deste disco é a nosa forma de celebrar o 148 aniversario deste evento histórico". Hai numerosas referencias ás primeiras cancións de Billy Bragg como algunhas letras de "A More Perfect Union" e a canción "Richard II". The Monitor conta coa colaboración de membros de Ponytail, Wye Oak, Hallelujah The Hills, Felice Brothers, Spider Bags, Vivian Girls e The Hold Steady.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Titus Andronicus Categoría:Álbums musicais de 2010 Categoría:Álbums de XL Recordings Categoría:Álbums conceptuais