Para outros artigos de títulos relacionados con Royal Mint, véxase a páxina de homónimos Real Casa da Moeda

A Royal Mint ("Real Casa de Moeda") é unha casa de moeda de titularidade pública situada en Londres que cuña as moedas do Reino Unido e doutros diversos países e territorios do mundo. Baixo o nome de Royal Mint Ltd, constitúese como unha sociedade de responsabilidade limitada propiedade do Ministerio de Finanzas (Her Majesty's Treasury) e dispón dun contrato exclusivo para a subministración de todas as moedas do Reino Unido. Ademais de cuñar moeda circulante para uso tanto nacional como internacional, a ceca tamén elabora plaquetas, moedas conmemorativas, varios tipos de medallas e lingotes de metais preciosos."About Us". The Royal Mint.

A compañía exporta os seus produtos a uns 60 países ao ano, o que representa o 70 % das súas vendas totais."Factory of the Month: The Royal Mint". En The Manufacturer. 7 de decembro de 2012.

Formada hai máis de 1.100 anos, foi historicamente parte dunha serie de cecas que se centralizaron para producir moedas para o Reino de Inglaterra, para toda Gran Bretaña e, finalmente, para a maior parte do Imperio Británico. A ceca orixinal londiniense, da que a Royal Mint é a sucesora, estableceuse en 886 e funcionou dentro da Torre de Londres durante aproximadamente 800 anos antes de se trasladar ao que agora se chama Royal Mint Court, onde permaneceu ata a década de 1960. Coincidindo coa asunción do sistema decimal para a moeda por parte de Gran Bretaña, a casa da moeda mudouse de Londres a unha nova planta 15 hectáreas en Llantrisant, Gales, onde permanece dende entón.

En 2009, logo de se aprobaren as recomendacións para a ceca, a Royal Mint deixou de ser unha axencia executiva do Goberno e adquiriu o status de empresa estatal. Desde esa data, a casa da moeda ampliou os seus intereses comerciais ao reactivar o seu comercio de lingotes e ao desenvolver un centro de visitantes, cun custo de nove millóns de libras.

Historia

Orixe miniatura|140x140px|Moeda de Alfredo o Grande (886-889), rei de Wessex, baseada nun modelo romano. A/: O rei con banda real de perfil. ÆLFRED REX ("Rei Alfredo"). Londres, 880.

A historia das moedas en Gran Bretaña remóntase ao século II a. de C., cando foron introducidas polas tribos celtas de toda a Canal da Mancha. O primeiro rexistro das moedas cuñadas en Gran Bretaña atribúeselles ás tribos como os Cantiaci que, en Kent, arredor de 80-60 a. de C., imitaron as de Marsella a través da fundición, en lugar da cuñaxe a martelo. Logo de que os romanos comezaran a súa invasión de Gran Bretaña no ano 43, estableceron cecas en todo o país, mesmo en Londres, que produciron moedas romanas.Rudd, Ch. "Britain's First Coins ". En The Journal of Ancient Numismatics. Vol. Nº 1.

Nos 200 anos seguintes á marcha dos romanos non parece que se producira cuñaxe ningunha nas illas ata a aparición dos reinos ingleses en 650, cando se estableceron ata 30 obradoiros monetarios en Gran Bretaña, un deles en Londres."The Royal Mint Story ". The Royal Mint Museum. O control das cecas de Gran Bretaña alternouse á medida que diferentes tribos loitaban polo territorio. En 886, Alfredo o Grande recapturou Londres desde Danelaw e comezou a emitir moedas de prata co seu retrato, o que se considera como o comezo da historia da Royal Mint."The Royal Mint ". Museums Victoria Collections.Dyer, G. P. (1986). Páxina 3.

Desde as orixes a 1805 esquerda|miniatura|260x260px|Torre de Londres (1783) En 1279, as numerosas cecas do país unificáronse nun só sistema mediante o cal o control quedou centralizado na ceca que se situou dentro da Torre de Londres, de xeito que as casas de moeda restantes, fóra de Londres, se reduciron, e unicamente mantiveron a súa actividade uns poucos lugares e determinados bispados e mosteiros."Records of the Royal Mint". The National Archives. Consérvanse rexistros das finanzas detalladas da ceca de Londres, que amosan un gasto de 729 libras, 17 xilins e 8½ peniques, así como a cantidade de madeira comprada para a instalación dos talleres.

Os postos de traballo na ceca estaban ben determinados en 1464. O mestre encargado tiña a responsabilidade de contratar os gravadores e de supervisar o labor dos moedeiros; en tanto que o director da ceca era o responsable de deixar constancia do abastecemento dos cuños. En 1472 creouse unha xunta na ceca coa misión de elaborar un contrato, asinado o 23 de febreiro, mediante o que se asignaban as responsabilidades da institución, conformadas en tres postos principais: un superintendente, un mestre e un auditor.

No século XVI, cando se padeceron os efectos da chamada peste negra, a Europa continental achábase nun momento de expansión económica. No entanto, Inglaterra sufría dificultades financeiras por mor dos gastos excesivos do seu Goberno. Na década de 1540, as guerras con Francia e con Escocia levaron a Henrique VIII a promulgar unha grande desvalorización da moeda, que reduciu significativamente a cantidade de metais preciosos nas cuñaxes."The Testoons of Henry VIII". En AMR Coins. Co fin de acadar un maior control da moeda do país, o Estado tomou o control dos mosteiros, o que terminou coa produción de moedas fóra de Londres, que aínda era moi salientable.Bernard, G. W. (2011).

En 1603, a unión de Escocia e Inglaterra baixo o reinado de Xacobe I de Inglaterra e VI de Escocia levou consigo unha unión parcial das moedas de ambos os países, a libra escocesa e a libra inglesa. Debido a que Escocia desvalorizou fortemente as súas moedas de prata, o marco escocés (merk) valía só 13 peniques e medio, en tanto que o inglés valía seis xilins e oito peniques. Para salvar a diferenza entre ambos os valores emitíronse por todo o país, a modo de moeda, fichas privadas non oficiais (tokens), con frecuencia feitas en chumbo. En 1612 había arredor de 3.000 obradoiros privados emitindo sen licenza ese tipo de fichas, polas que non se pagaba nada á coroa. A Royal Mint, que non quería desviar o labor dos seus moedeiros cara a outra moeda que non fose a de ouro e prata, moito máis rendible, contratou un axente externo, John Harington, que comezou a emitir farthings (1/4 de penique) de cobre baixo licenza en 1613.Broadway, J. "Harington, John, first Baron Harington of Exton (1539/40-1613)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. En 1672, finalmente, a Royal Mint asumiu a produción de moedas de cobre.

Cecas da guerra civil miniatura|260x260px|Media coroa de Carlos I (1621-1649) da época da guerra civil.

Antes do inicio da Guerra Civil Inglesa, Inglaterra asinou un tratado con España en 1630 que lle asegurou a subministración permanente de lingotes de prata á ceca situada na Torre de Londres. Establecéronse sucursais para axudar os talleres de Londres, unha delas no castelo de Aberystwyth, en Gales. En 1642 o Parlamento tomou o control da ceca da Torre e, logo de que Carlos I intentara arrestar cinco dos seus membros, viuse obrigado a abandonar Londres, co que se estableceron polo menos 16 cecas de emerxencia polas illas británicas, en Colchester, Chester, Cork Edimburgo, Dublín, Exeter, Salisbury e diversas localidades de Cornualla, entre elas Truro e York.

Despois de izar o estandarte real en Nottingham, que marcou o comezo da guerra, Carlos chamou un enxeñeiro de minas que se mantiña leal a el, Thomas Bushell, propietario dunha mina de prata e unha ceca privada en Aberystwyth, para trasladar as operacións do obradoiro monetario a Shrewsbury, vila controlada polas tropas reais, probablemente dentro dos terreos do seu castelo. Porén, a ceca non durou moito alí, non máis de tres meses, e Carlos ordenou a Bushell trasladar a súa sede á capital real de Oxford. A nova ceca de Oxford estableceuse o 15 de decembro de 1642 no edificio New Inn Hall, da Universidade de Oxford, que logo albergou o St Peter's College. Alí fundíronse lingotes de prata e moedas estranxeiras e, nalgúns casos moldeáronse moedas, en lugar de cuñalas, para as producir máis axiña. Bushell foi nomeado director e mestre da casa de moeda, onde contou con gravadores moi salientables, como Nicholas Briot, Thomas Rawlins e Nicholas Burghers. Cando o príncipe Ruperto tomou o control de Oxford en 1643, ordenóuselle a Bushnell trasladarse ao castelo de Bristol, onde continuou cuñando moedas ata que caeu baixo o control parlamentario o 11 de setembro de 1645, o que puxo fin á participación de Bushnell nas cecas da guerra civil.

No sur de Inglaterra, en novembro de 1642, o rei ordenou ao parlamentario monárquico Richard Vyvyan que construíse unha ou máis cecas en Cornualla, onde recibiu instrucións para cuñar moedas a partir de calquera lingote que puidese obter e lle entregase a produción a Ralph Hopton, un comandante das tropas reais na rexión. Vyvyan construíu unha casa de moeda en Truro e dirixiuna ata 1646, cando foi capturada polos parlamentaristas. En Exeter, que estivera baixo control de Westminster desde o comezo da guerra, ordenouse o establecemento dunha ceca despois de que o Parlamento debatese a proposta o 8 de decembro de 1642. En setembro do ano seguinte, a cidade foi capturada polo exército realista de Cornualla, liderado polo príncipe Mauricio, o que levou a Vyvyan a trasladar a súa ceca próxima en Truro á cidade recapturada. Descoñécese a localización exacta da ceca en Exeter, aínda que os mapas da época amosan unha rúa chamada Old Mint Lane ("canella da ceca vella") preto de Friernhay, onde debeu situarse en 1696 un taller destinado á recuñaxe de moeda. Tampouco se coñece moito sobre os seus empregados; nos rexistros conservados só se fai mención de Richard Vyvyan e de Thomas Hawkes.Morgans, G. (1999). "Making a mint? ". En Coutry Quest.

miniatura|260x260px|Unite emitida durante a Commonwealth, en 1653. miniatura|260x260px| Coroa británica coa efixie de Oliver Cromwell (1658), obra de Thomas Simon."1 Crown - Oliver Cromwell". Numista.com

Tras a execución de Carlos I en 1649, a Commonwealth inglesa, que acababa de constituírse, emitiu unha serie de moedas propia que, por primeira vez, utilizaban o inglés nas súas lendas no canto do latín, e estaban deseñadas de xeito sinxelo en comparación coas anteriormente cuñadas pola monarquía. En 1649, o Goberno invitou o enxeñeiro francés Peter Blondeau, que traballaba na Casa da Moeda de París, para que fose a Londres, coa idea de modernizar o proceso de cuñaxe no país. En Francia, a cuñaxe a martelo abandonárase en 1639 e substituírase polo uso de máquinas de cuñar máis avanzadas, que utilizaban o método do muíño. Despois da súa chegada, o 9 de maio de 1651 comezaron as súas primeiras probas no histórico edificio londiniense da Drury House, logo de contar co permiso do parlamento. As primeiras probas foron para as moedas de prata de media coroa, dun xilin e de seis peniques; porén, os moedeiros rivais seguían a preferir a cuñaxe a martelo. En 1656, o Lord Protector Oliver Cromwell ordenoulle ao gravador Thomas Simon a elaboración dunha serie de cuños co seu busto, para a cuñaxe de novas moedas polo método do muíño. Poucas destas moedas de Cromwell chegaron a entrar en circulación, por mor do seu falecemento en 1658 e á desaparición da Commonwealh dous anos despois. Sen o apoio de Cromwell na cuñaxe de moedas, Peter Blondeau regresou a Francia."‘Unreleased’ Oliver Cromwell coins from the 17th century displayed at The Royal Mint Experience ". The Royal Mint.Allen, L. (2009). Páxina 282.

esquerda|miniatura|275x275px|Retrato de Isaac Newton, director da casa da moeda de Londres