Abril é un nome propio galego de home que provén do latín aprilis, nome que os romanos daban os fillos nados no mes de abril. A pesar de ser un nome frecuente en Galicia durante a Idade Media en xaneiro de 2023 non existía ningún varón en Galicia co nome Abril. Porén si había 356 mulleres con ese nome, cunha media de idade de 7,1 anos,Nome Abril na Web do Instituto Galego de Estatística seguindo o exemplo doutras linguas na que este nome, April en inglés ou Abril en castelán, se utiliza como nome de muller.

Personaxes Abril Pérez, trobador.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego. Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe latina Categoría:Nomes masculinos galegos