Puzzle é o segundo álbum de estudio da banda islandesa de post-rock Amiina, publicado o 27 de setembro de 2010 a través do selo Amínamúsík Ehf. Este disco ten referencias do EP do grupo Re Minore, ao ser os temas "Ásinn", "Púsl" e "Sicsak" versións reelaboradas dos temas "Ásinn", "Þristurinn" e "Tvisturinn" dese lanzamento. Ademais, o tema "Mambó" é unha versión reelaborada de "Ammælis", do sinxelo "Seoul".

Como parte do paquete de reserva do disco a banda publicou un vídeo do grupo tocando o tema "Glámur" do seu anterior álbum, Kurr, no Reykjavík Arts Festival de 2008. Este concerto foi a primeira actuación do cuarteto orixinal con Magnús Trygvason Eliassen e Kippi Kaninus (Guðmundur Vignir Karlsson), marcando o inicio da súa colaboración.

Editáronse dous sinxelos co álbum: "Over & Again" publicouse no mes de maio de 2010 en CD e incluía tamén unha remestura de "Hemipode", realizada por Kippi Kaninus (orixinalmente do EP AnimaminA), e "What are we waiting for?", editado no mes de setembro como sinxelo dixital cos temas "What are we waiting for?", "Blauwber" e "Nebula".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Amiina Categoría:Álbums musicais de 2010