Amelia Verdejo Rodríguez, nada en Bueu en 1956, é unha matemática e divulgadora científica galega.
Traxectoria Licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1978. Doutorouse en Matemáticas pola Universidade de Vigo en 1997.
Foi docente en institutos de BUP (1979-1992), na USC (1978-79) e na Universidade de Vigo (1992-2018). Profesora de análise matemática da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, tamén é divulgadora da cuestión de igualdade das mulleres científicas.
Escribe e investiga sobre a cuestión da igualdade de xénero na docencia e na historia universal das matemáticas. Destaca o seu labor e loita para a visibilidade das mulleres no eido científico.
Obras Mujeres matemáticas: Las grandes desconocidas. Universidade de Vigo (Colección Banda vermella-Serie Humanidades e Ciencias Xurídico-Sociais), Amelia Verdejo Rodríguez 2017. Mujeres matemáticas. Trece matemáticas, trece espejos. Ed. SM-RSME 2019. Marta Macho Stadler (coordinadora), Amelia Verdejo Rodríguez e outras autoras e autores.
Recoñecementos Accésit a materiais docentes con perspectiva de xénero da Universidade de Vigo pola iniciativa Matemáticas en pé de igualdade.
Notas
Categoría:Matemáticos de Galicia Categoría:Nados en Bueu Categoría:Feministas da igualdade Categoría:Nados en 1956 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Profesores da Universidade de Vigo