Eloy Enciso Cachafeiro, nado en Meira en 1975, é un director e guionista de cinema galego.

Traxectoria Eloy Enciso formouse na escola de cinema de San Antonio de los Baños (Cuba), onde compartiu clase con Mauro Herce, que dirixiría a fotografía das súas tres longametraxes. A súa primeira longametraxe foi Pic-nic (2007), un documental filmado na praia de Benidorm. En 2012 filmou Arraianos, estreada en Locarno e premiada en Buenos Aires (Vanguardia y Género) e en Sevilla (Nuevas Olas). Arraianos, baseada na peza teatral O bosque, de Jenaro Marinhas del Valle, deuno a coñecer internacionalmente.

Filmografía Cambiando la rueda (Funk the Wheel, 2003, 7') Isa003 (2003, 7') La clase (2004, 29') No tan Buena Vista (2004, 13') Pic-nic (2007, 75') Arraianos (2012, 66') Longa noite (2019, 91')

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en Meira Categoría:Nados en 1975 Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes