Orda (en ; ou tamén titulado Святитель Алексий: Svjatitelj Alexij) é un filme histórico ruso de 2012 dirixido por Andrei Proshkin e escrito por Yuri Arabov. O filme baséase de maneira ficticia en como Aleixo de Moscova curou a Taidula Khatun, a nai do khan da Horda de Ouro Jani Beg, da súa cegueira.
Lingua A maioría dos diálogos de Orda están en lingua karachai-balkar. Os realizadores consideraron que o karachai-balkar é a lingua máis achegada ó kipchak falado no século XIV pola Horda de Ouro. Porén, ningún dos actores de orixe turca son falantes nativos da lingua, xa que Dakayarov, Lovov e Yegorov son iacuts, e Hairullina é tártaro do Volga.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes en lingua karachai-balkar Categoría:Filmes de Rusia Categoría:Filmes sobre cristianismo Categoría:Filmes ambientados en Rusia Categoría:Filmes ambientados en Kazakhstán Categoría:Filmes ambientados no século XIV