Manuel Garrido Barbosa, nado en Tui o 18 de decembro de 1988, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de maratón. Foi campión do mundo e de Europa.

Traxectoria Gañou o Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón sub-23 tres anos seguidos, na categoría C1: en 2009, 2010 e 2011, así como o Europeo sub-23 de 2009 e o subcampionato de 2011. No Mundial de 2011 participou tamén na categoría C2 absoluta, xunto a Ramón Ferro. Lograron chegar primeiros á meta pero foron descualificados por pasar por unha zona prohibida. Mantiveron unha reclamación durante anos contra esta decisión.

En 2013 participou en Portugal no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón, na categoría C1, gañando a medalla de prata, só por detrás de Tono Campos. Ao ano seguinte, no Europeo de Piešťany, Eslovaquia, rematou cuarto, resultado que repetiu ao ano seguinte en Eslovenia.

No Europeo de 2017 gañou a súa segunda medalla europea, de novo en Portugal, esta vez en Ponte de Lima, tras rematar terceiro. Ademais ese ano participou tamén no Europeo de Augas Tranquilas en Plovdiv, acabando sétimo no C1 5000 metros, e regresou ao Mundial de Maratón seis anos despois, na cita celebrada en Suráfrica, onde logrou colgarse a medalla de prata no C1.

No Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón de 2018 volveu conseguir a medalla de prata no C1, por detrás de Tono Campos. En 2019 competiu tanto no Europeo en Francia como no Mundial na China, finalizando en quinta e cuarta posición respectivamente.

Palmarés internacional Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Competición 2017 Pietermaritzburg () Prata C1 2018 Vila Verde () Prata C12022Ponte de Lima () OuroC12023Vejen () BronceC1 Campionato Europeo Ano Lugar Medalla Competición 2013 Vila Verde () Prata C1 2017 Ponte de Lima () Bronce C12022Silkeborg () PrataC12023Slavonski Brod () OuroC1

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Manuel Garrido en CanoeResults.eu .

Categoría:Piragüistas de Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1988