Catro pregarias no albor da Lúa Morta é o primeiro álbum de longa duración da banda galega de pagan metal, Mileth.
Foi publicado en 2019 e consta de 9 temas.
Temática e estilo O fío condutor son os catro elementos da natureza e a viaxe da vida dende o nacemento até o alén, baseándose na cultura popular galega. Combina elementos da cultura e música tradicional galega e celta como gaitas, frautas, arpa, cantareiras ou acordeón con elementos do black metal como blast beats, voces guturais e distorsión.
Produción Foi gravado entre xuño e xullo de 2017 no estudio Zoilo Unreal de Vigo e publicado o 5 de marzo de 2019. As letras foron escritas por Marcos do Relicario, igual que a música da maioría de temas. Publicáronse, ademais da edición dixital, dúas edicións físicas: unha distribuída polo selo discográfico ruso SoundAge e unha edición especial coa discográfica Darkwoods, incluíndo esta última un documental en DVD sobre o grupo. Contou coas colaboracións dos músicos tradicionais Xulia Feixóo, Anaïs Barbier, Xela Conde, Suso Riveira, Xoio Carmesí, Xurxo Fernández e Xulio Abal.
Premios O videoclip do segundo tema do disco, "De bruma e salitre", dirixido por Xaime Miranda, gañou o premio ao mellor videoclip no Festival Primavera do Cine de Vigo.
Cancións
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pagan metal Música tradicional galega Ligazóns externas Ficha do disco no Bandcamp de Mileth.
Categoría:Álbums musicais de 2019 Categoría:Álbums de Mileth