Odón I de Borgoña Odón Borrel, nado en 1058 e finado en Tarso, actual Turquía en 1103, foi duque de Borgoña (1079 - 1103). Traxectoria Orixes familiares Nado en 1058, foi o segundo fillo do infante de Borgoña, Henrique de Borgoña e a súa muller Sibila de Barcelona. Era neto por liña paterna do duque Roberto I de Borgoña e Helia de Semur, e por liña materna do conde de Barcelona Berenguer Ramón I e Ermesenda de Carcasona. Foi irmán do duque de Borgoña Hugo I de Borgoña, ao que sucedeu.
Matrimonio e descendencia Casou en 1080 con Sibila de Borgoña, filla do conde Guillerme I de Borgoña. Desta unión naceron:
A infanta Helena de Borgoña (1080 - 1142), casada en 1095 co conde Bertrán de Tolosa, e en 1115 con Guillerme III de Alençon. A infanta Flor de Borgoña (1083 - 1097), casada co príncipe Sven de Dinamarca. o infante Hugo II de Borgoña (1084 - 1143), duque de Borgoña. o infante Henrique de Borgoña (1087 - 1131), relixioso.
Ducado de Borgoña En 1079 recibiu o ducado de Borgoña de mans do seu irmán máis vello, Hugo I, que renunciou ao condado para se retirar á vida contemplativa.
Loitou xunto ao rei Filipe I de Francia contra as revoltas internas da nobreza e, posteriormente, participou en varias incursións na Península Ibérica contra os musulmáns.
Non participou na Primeira Cruzada, pero despois viaxou a Terra Santa, morrendo na cidade de Tarso o 23 de marzo de 1103.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Duques de Borgoña Categoría:Nados en 1058 Categoría:Finados en 1103