Amergin Glúingeltamén escrito Amorghain, Amairgin, Amorgen, Aimhirghin ("xeonllos brancos"), en irlandés moderno Amhairghin Glúngheal ou tamén coñecido como Glúnmar ("xeonllo grande") é un bardo, druída, xuíz dos milesianos e bisneto de Breogán segundo o ciclo mitolóxico irlandés. É un dos sete fillos de Míl Espáine, e tomou parte na conquista milesiana de Irlanda e na derrota dos Tuatha Dé Danann en vinganza polo seu parente Ite, quen foi asasinado polos tres reis dos Tuatha Dé Danann, Mac Cuill, Mac Cecht e Mac Gréine. Desembarcaron no estuario de Inber Scéne, chamado así pola muller de Amergin, Scéne, quen morreu no mar. As tres raíñas dos Tuatha Dé Danann, (Banba, Ériu e Fódla), dérolles permiso a Amergin e ó seu pobo a asentarse en Irlanda. Cada unha das irmás pediulle a Amergin que chamase á illa polo seu nome, o cal fixo: Ériu é a forma orixinal do actual Éire, mentres que Banba e Fódla son empregados como nomes poéticos para Irlanda, como Albion para a illa de Gran Bretaña.

Lenda Os milesianos conquistaron a illa participando nunha batalla contra os tres reis, os seus druídas e os seus guerreiros. Amergin actuou como xuíz imparcial nas contendas, establecendo as regras dos acordos. Os milesianos acordaron abandonar a illa e retirarse unha curta distancia de regreso ó océano, máis aló da novena onda, un límite máxico. Despois dun sinal, movéronse cara a praia, mais os druídas dos Tuatha Dé Danann invocaron unha treboada máxica para evitar que chegasen a terra. Porén, Amergin cantou unha canción invocando o espírito de Irlanda que se coñece como A Canción de Amergin, podendo levar o barco a terra con seguridade. Houbo grandes perdas en ámbolos dous bandos, con máis dunha batalla importante, mais os milesianos acadaron a vitoria. Os tres reis dos Tuatha Dé Danann foron asasinados en combate singular polos tres fillos de Míl que sobreviviron a treboada, Éber Finn, Érimón e Amergin.

Amergin dividiu a illa entre os seus dous irmáns, tomando Éber Finn a parte sur de Irlanda e Érimón a norte.Lebor Gabála Érenn §65-95 Maighréad C. Ní Dobs, "Tochomlad mac Miledh a hEspain i nErind: no Cath Tailten?" Études Celtiques v.II, París: Librairie E. Droz, 1937Geoffrey Keating, Foas Feasa ar Éirinn 1.21, 22, 23 Ese mesmo ano Érimón derrotou a Éber nunha batalla e conseguiu o reinado de toda a illa, e dous anos despois asasinou a Amergin noutra batalla.Annals of the Four Masters M3500-3503Geoffrey Keating, Foras Feasa ar Éirinn 1.24 A tradición local de Drogheda localiza o seu lugar de enterramento baixo Millmount.

Algún poemas galeses de temática mitolóxica atribúenlle ó poeta galés Taliesin no Libro de Taliesin atributos compartidos con Amergin.James MacKillop, Dictionary of Celtic Mythology, Oxford University Press, 1998, p. 13

A canción de Amergin (Amhrán Amhairghin) Irlandés antigoLeabhar Gabhála na hÉireann, lch. 49, sa Leabhar Laighneach ar CELT Irlandés modernoAm gáeth i mmuir. Am tond trethan i tír. Am fúaim mara. Am dam secht ndírend.dírend ar eDIL Am séigséig ar eDIL i n-aill. Am dér gréne. Am caín. Am torc ar gail. Am hé4 é ar eDIL i llind. Am loch i mmaig. Am briandai. Am bri danae.2 bri ar eDIL Am gai i fodb. feras feochtu. Am dé delbas do chind codnu. Coiche nod gleithgleth ar eDIL clochurclochar ar eDIL slébe. Cia on cotagair aesa éscaiésca(e), éisce ar eDIL. Cia dú i llaig funiud grene. Cia beir búar o thig Temrach. Cia buar Tethrach. tibi. Cia dain.doén ar eDIL Cia dé delbas faebru. a ndind ailsiu. Cáinte im gaí. Cáinte gaithe.Is mise gaoth ar mhuir. Is mé tonn i dtír. Is mé fuaim na mara. Is damh seacht mbeann mé. Is seabhac mé ar aill. Is mé deor na gréine. Is mé caoin. Is torc mé ar ghal.gal Is bradán mé sa linn. Is mé loch ar mhá. ... Is mé brí an dána. Is mé ga ar fadhb. ... Is dia mé, dealbhóir géillsineach. Cé an té le nod slí na gcloch sléibhe? Cé gairgair2 (b) Lit. At teanglann.ie FGB aois na gealaí? Cá dúdú 1. ar teanglann.ie FGB; áit dul faoi na gréine? Cé beir buar ó thigh Teamhrach ? Cé buar Teathra le gean?Féach tibh ar teanglann.ie FGB Cé daon?daon ar teanglann.ie FGB; duine daonna Cé dia, dealbhóir arm faobhrach? ... Cáintecáinte ar teanglann.ie FGB; aoir ... Cáinte gaoithe.

O grupo de folk galego Luar na Lubre publicou o 5 de xuño de 2012 o álbum Mar Maior, cuxo primeiro tema "A invocación de Amergín", interpretado por Bieito Romero e Carme R. Alonso, está baseado no relato mítico do Lebor Gabála Érenn. A canción é unha tradución ó galego da canción de Amergin.

Eu son o vento no mar Son unha onda no océano Son o ruxido do mar Son o Touro das sete loitas

Eu son un corvo nos cantís Son unha pinga de xiada Un valoroso xabarín Son salmón nunha lagoa

Eu son un lago n’antiga chaira Son unha montaña nun home Son unha verba con destreza Son a punta dunha lanza Son o deus da inspiración

Quen venceu a escárpada montaña Quen anuncia as fases da lúa Quen di onde cae o solpor? Quen chamou o gando da casa de Tetis

A quen sorrín as estrelas qu’emerxen do mar Feitizos de lanza? Feitizos do vento.

O poema foi traducido ao inglés por Robert Graves, quen dicía que a educación poética inglesa non deberá comezar polos Contos de Canterbury, nin pola Odisea, nin polo Xénese, senón coa Canción de Amergin.

Xenealoxía

Notas

Categoría:Druídas Categoría:Mitoloxía irlandesa Categoría:Ciclo mitolóxico