Marjan Šarec, nado o 2 de decembro de 1977, é un político, actor e cómico esloveno que exerce como o 9º e actual primeiro ministro de Eslovenia.
Comezou a súa carreira como cómico, entrando despois na política. Foi elixido dúas veces alcalde de Kamnik, participou nas eleccións presidenciais de 2017 (perdendo fronte a Borut Pahor en segunda volta) e entrou na Asemblea Nacional nas eleccións xerais en 2018 co seu partido Lista de Marjan Šarec. O 17 de agosto de 2018 converteuse en primeiro ministro de Eslovenia.
Traxectoria Despois de rematar o bacharelato en 1996, Šarec graduouse como actor na Academia de Teatro, Radio, Cine e Televisión de Liubliana no 2001. Nos anos seguintes participou activamente na televisión nacional eslovena, aparecendo no programa de radio Radio Ga-Ga e no programa de televisión Hri-bar. Traballaba principalmente como humorista satírico sobre temas políticos. Durante este tempo, fíxose famoso o seu personaxe Ivan Serpentinšek, un malhumorado habitante rural da Alta Carniola. Tamén realizou imitacións de persoas famosas, entre elas o expresidente de Eslovenia Janez Drnovšek, Karel Erjavec, Osama bin Laden, Fidel Castro, Anton Rop, Jelko Kacin, Janez Janša, Andrej Bajuk e outros. Tamén traballou como xornalista e editor.
Carreira política
Política local Tras as eleccións locais de 2010, Šarec ocupou o cargo de alcalde de Kamnik, un concello do norte de Eslovenia. Despois de rematar segundo na primeira rolda, gañou a segunda volta. Tras ser membro do partido en Eslovenia Positiva de Zoran Janković, Šarec entrou nas eleccións locais de 2014 coa súa propia lista política e foi reelixido na primeira volta con case dous terzos dos votos. Tras converterse en cargo electo, Šarec abandonou os seus personaxes e comprometeuse plenamente ao traballo de alcalde.
Campaña presidencial En maio de 2017, Šarec anunciou que se presentaría ás próximas eleccións presidenciais, que terán lugar o 22 de outubro. A pesar de que os medios lle recordaban a súa carreira como actor, Šarec afirmou ir completamente en serio coa candidatura, xa que "a función do presidente debería ser tratada como seria". Criticando ao presidente Borut Pahor por tratar as funcións presidencial como se fose unha celebridade, Šarec foi visto como un candidato potencialmente forte, que podía atraer á xeración máis nova de electores e votantes inclinándose cara ao lado esquerdo do espectro político. Na primeira volta das eleccións, Šarec gañou o 25% dos votos, o que implicou ir a unha segunda volta contra Pahor o 12 de novembro, na que perdeu por pouco.
Primeiro ministro de Eslovenia En xuño de 2018, Šarec presentouse ás eleccións parlamentarias co partido Lista de Marjan Šarec. O partido gañou o 12,6% dos votos, obtendo 13 deputados. Deste xeito o LMŠ converteuse no segundo maior partido da Asemblea Nacional. O 17 de agosto de 2018, foi elixido novo primeiro ministro de Eslovenia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Primeiro ministro de Eslovenia Xefes de Estado e Goberno actuais
Ligazóns externas
Sitio web oficial do primeiro ministro .
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Primeiros ministros de Eslovenia