A República Socialista Soviética de Kirguizistán, abreviado en RSS de Kirguizistán (en kirguiz: Кыргыз Советтик Социалисттик Республикасы) era o nome oficial de Kirguizistán cando era unha das 15 repúblicas que formaban parte da URSS.
Historia
O pobo kirguís formaba parte da Rusia Imperial, desde a súa conquista por esta a finais do século XIX. Tras a revolución rusa, queda baixo poder soviético desde 1918. O 14 de outubro de 1924 establécese o Oblast Autónomo de Kara-Kirguizia dentro da RSFS de Rusia. O termo cara-kirguiz usábase para diferencialos dos kazakos, que ata 1925, tamén eran chamados kirguiz. En 1925, convértese na República Socialista Soviética Autónoma de Kirguizistán aínda dentro da RSFS de Rusia. O 5 de decembro de 1936 sepárase de Rusia, ao adquirir rango de República Socialista Soviética dentro da URSS. En decembro de 1990 é nomeada República de Kirguizistán, para o 31 de agosto de 1991, proclamarse independente da URSS.
Véxase tamén
Outros artigos Kirguizistán
Kirguizistán