Paramahansa Yogananda ou Paramhansa Yogananda, nado como Mukunda Lal Ghosh en Gorakhpur o 5 de xaneiro de 1893 e finado nos Ánxeles o 7 de marzo de 1952 foi un monxe, iogui e gurú indio que introduciu millóns de persoas nas ensinanzas da meditación e do Kriya Yoga mediante a súa organización Self-Realization Fellowship (SRF) / Yogoda Satsanga Society (YSS) of India. Discípulo do gurú iogui bengalí Swami Sri Yukteswar Giri, foi enviado pola súa estirpe para expandir as ensinanzas do ioga a occidente, a probar a unidade entre as relixións occidentais e orientais e a predicar un equilibrio entre o crecemento material occidental e a espiritualidade india.Autobiography of a Yogi, 1997 Anniversary Edition. Self-Realization Fellowship (Founded by Yogananda) yogananda.org A súa longa influencia no movemento do ioga estadounidense e especialmente na cultura do ioga dos Ánxeles, levouno a ser considerado polos expertos en ioga como o "pai do ioga en occidente".

Yogananda foi o primeiro mestre indio importante que se estableceu nos Estados Unidos, e o primeiro indio prominente recibido na Casa Branca (polo presidente Calvin Coolidge en 1927); a súa aclamación temperá levouno a ser denominado "o primeiro gurú superestrela do século XX" por Los Angeles Times. Chegou a Boston en 1920 e embarcouse nunha xira de charlas transcontinentais de éxito antes de establecerse nos Ánxeles en 1925. Nas seguintes dúas décadas e media, gañou fama local ademais de expandir a súa influencia en todo o mundo: creou unha orde monástica, continuou a facer xiras de ensinanzas, comprou propiedades para a súa organización en varios lugares de California e iniciou moita xente no Kriya Yoga. En 1952, SRF tiña máis de cen centros na India e nos Estados Unidos e na actualidade teñen grupos en case todas a grandes cidades estadounidenses. Os seus principios de "vida simple e alto pensamento" atraeron xente de todas as orixes entre os seus seguidores.

Publicou o libro Autobiography of a Yogi en 1946 con éxito de crítica e público; dende a súa primeira edición vendeu máis de catro millóns de exemplares, e Harper San Francisco listouno como un dos "100 mellores libros espirituais do século XX". O CEO de Apple Steve Jobs encargou cincocentas copias do libro para o seu propio memorial, de xeito que cada asistente recibise un exemplar. O libro continuou a ser reimpreso regularmente e é coñecido como "o libro que cambiou a vida de millóns".Goldberg, Philip (2018). The Life of Yogananda. Hay House, Inc. Bowden, Henry Warner (1993). Dictionary of American Religious Biography. Greenwood Press. . p. 629. En 2014 estreouse o documental Awake: The Life of Yogananda que gañou múltiples premios en festivais de cinema de todo o mundo.

Ensinanzas Yogananda comezou na India en 1917 o seu traballo vital coa fundación dunha escola de "como vivir" para rapaces, en que os métodos modernos educativos se combinaban co adestramento no ioga e a instrución en ideas espirituais. En 1920 foi convidado a servir como delegado da India nun congreso internacional de relixiosos celebrado en Bosto. O seu relatorio no congreso, sobre "A ciencia da relixión" foi recibido con estusiasmo.

En 1920 fundou a Compañía da Autorrealización (Self-Realization Fellowship) e en 1925 estableceu nos Ánxeles a súa sede internacional.

Yogananda escribiu Second Coming of Christ: The Resurrection of the Christ Within You e God Talks With Arjuna – The Bhagavad Gita para revelar o que el afirmaba que era a harmonía completa e a unión básica do cristianismo orixinal que ensinou Xesucristo e o ioga orixinal que ensinou Bhagavan Krishna e para indicar que eses principios de verdade son a fundación científica común de todas as relixións verdadeiras.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas The lineage of Gurus with Yogananda

Categoría:Nados en Uttar Pradesh Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1952 Categoría:Filósofos da India Categoría:Gurús hinduístas Categoría:Monxes