miniatura|280px|Mexilla nas rochas da costa do Grove.
Mexilla é o nome co que se coñece entre os cultivadores de mexillón, e que aparece en moitas publicacións de mitilicultura, o que tamén se denomina semente do mexillón.Ríos Panise, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Con anotaciónes etimológicas por Antonio Santamarina. Verba, Anuario gallego de filología, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X, pp. 132-134.
O que é a mexilla As mexillas realmente son crías de mexillóns, exemplares de pequeno tamaño (de entre 15 e 25 mm de lonxitude), que proceden habitualmente das rochas costeiras, nas que se fixan as larvas en condicións naturais e que os mitilicultores recollen nestas, ou compran a mariscadoras que as apañan, e, ás veces, tamén nas cordas das bateas onde se cultivan.
Procesos de extracción e cultivo miniatura|280px|Batea e barco auxiliar na ría de Vigo. Nos meses de decembro a abril os bateeiros (ou as mariscadoras) despegan con rasquetas,. nas rochas máis batidas do litoral, a mexilla, e nos meses de marzo a xuño (época da desova) colgan das bateas as cordas colectoras para a captación das larvas. A semente do mexillón, dun tamaño de 1 a 2 cm, lévase á batea ou ao barco auxiliar e procédese á confección das cordas de mexilla. A mexilla adhírese á corda coa axuda dunha fina rede biodegradábel de raión,. dándolle ao mexillón tempo suficiente para que se adhira co biso á corda. Esta operación faise ben manualmente, ben mediante máquinas encordadoras.
Despois de 4 ou 6 meses, cando o mexillón alcanza os 4,5 ou 5,5 cm, procédese ao izado das cordas de semente. Debido ao considerábel aumento de peso do mexillón, é necesario o desdobre das cordas, isto é, a confección de novas cordas de densidade menor. Con este desdobre facilítase o crecemento do mexillón, e ademais evítase o seu desprendemento.
Por cada corda de mexilla obtéñense entre dúas ou tres cordas de desdobre, duns 30 kg cada unha. Tras aproximadamente un ano, o mexillón de desdobre alcanza o seu talle comercial.De la mexilla a tu plato en delmaralplato.es.
Conflitos A causa da recollida da mexilla polas mariscadoras, o problema das verteduras contaminantes ás rías e ás queixas dos percebeiros, ás veces causa conflitos coas autoridades, cos bateeiros ou cos percebeiros.Varias confrarías únense para defender o percebe ante a extracción da mexilla en quepasanacosta.galA Consellería e o sector bateeiro dispostos a negociar un maior control da extracción da mexilla en quepasanacosta.gal
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mexillón Mitilicultura
Ligazóns externas Vídeo "A recollida da mexilla, o pequeno mexillón, no Pindo na TVG. O cultivo do mexillón na ría de Arousa. A cría ou mexilla en abuxaina.com.
Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Mitílidos