Kuwait presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 1972. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Kuwait presentou dous filmes ós Óscar, o máis recente no ano 1978. Ámbolos dous filmes eran dramas dirixidos por Khalid Al-Siddiq, mais finalmente ningún deles foi finalmente nomeado ó premio.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Kuwait para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1972(45ª) Bas ya Bahar Khalid Al Siddiq 1978(51ª) Urs Al-Zayn Khalid Al Siddiq
Notas
Categoría:Cinema de Kuwait Kuwait