Costa Rica presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 2005. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Costa Rica para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 2005(78ª) Caribe Castelán Esteban Ramírez 2010(83ª) Del amor y otros demonios Castelán 2014(87ª) Princesas rojas Castelán 2015(88ª) Presos Castelán Esteban Ramírez 2016(89ª) Entonces nosotros Castelán Hernán Jiménez 2017(90ª) El sonido de las cosas Castelán Ariel Escalante 2018(91ª) Medea Castelán Alexandra Latishev Salazar 2019(92ª) El despertar de las hormigas Castelán Antonella Sudasassi 2020(93ª) Ceniza negra Castelán Sofía Quirós Ubeda 2021(94ª) Clara Sola Castelán Nathalie Álvarez Mesén 2022(95ª) Domingo y la niebla Castelán Ariel Escalante 2023(96ª) Tengo sueños eléctricos Castelán Valentina Maurel 2024(97ª)Memorias de un cuerpo que arde Castelán Antonella Sudasassi 2025(98ª)El monaguillo, el cura y el jardinero Castelán Juan Manuel Fernández
Notas
Categoría:Cinema de Costa Rica Costa Rica