miniatura|250px|Catro dos filmes de Eric Khoo foron escollidos como candidatos. Un deles, Be With Me, foi descualificado. Singapur presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 2005. Singapur tamén presentou un único filme como colonia británica en 1959. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2024, Singapur presentou dezanove filmes á Academia para a súa consideración ó Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles foi nomeado.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Singapur para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 1959(32ª) Jiang shan mei ren Mandarín 2005(78ª) Be with Me Inglés, cantonés, mandarín e hokkien Descualificado por conter máis do 50% dos seus diálogos en inglés 2007(80ª) 881 Mandarín, hokkien e inglés 2008(81ª) My Magic Támil 2011(84ª) Tatsumi Xaponés 2012(85ª) Yi Pao Er Hong Chinés 2013(86ª) Ilo Ilo Chinés 2014(87ª) Sayang Disayang Malaio 2015(88ª) 7 Letters Malaio, hokkien, mandarín, malaiala e inglés Junfeng Boo, Eric Khoo, Jack Neo, K Rajagopal, Pin Pin Tan, Royston Tan, Kelvin Tong 2016(89ª) Apprentice Malaio e inglés Boo Junfeng 2017(90ª) Pop Aye Tailandés Kirsten Tan 2018(91ª) Buffalo Boys Indonesio e inglés Mike Wiluan 2019(92ª) A Land Imagined Mandarín, inglés e bengalí Yeo Siew Hua 2020(93ª) Wet Season Mandarín, inglés e hokkien Anthony Chen 2021(94ª) Jīnxiāo duō zhēnzhòng Mandarín Wayne Peng 2022(95ª) Ajoomma Mandarín, coreano e inglés He Shuming 2023(96ª) Rán dōng Mandarín e coreano Anthony Chen 2024(97ª) La Luna Malaio M. Raihan Halim 2025(98ª) Stranger Eyes Mandarín, inglés e hokkien Siew Hua Yeo

Notas

Categoría:Cinema de Singapur Singapur