Eslovaquia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 1993. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
As propostas de Eslovaquia son decididas anualmente pola Academia de Cinema e Televisión Eslovaca (Slovenská filmová a televízna akadémia).Source: http://www.aic.sk/aic/slovensky-film/v-zahranici/archiv/navrat-bocianov-sa-bude-uchadzat-o-oscara-2008.html Até o ano 2022, vinte e seis filmes eslovacos foron presentados para a súa consideración, mais finalmente ningún deles foi nomeado para o premio. Seis das propostas foron dirixidas por Martin Šulík.
Até o ano 1993, Eslovaquia formaba parte constituínte de Checoslovaquia, e checos e eslovacos colaboraban de xeito habitual nas producións nacionais. Obchod na korze, que gañou o premio ó mellor filme en lingua non inglesa en 1966 para Checoslovaquia, era unha produción en lingua eslovaca. Tamén foi o primeiro filme presentado por Checoslovaquia en ser nomeado ó Óscar.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Eslovaquia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1993(66ª) Všetko čo mám rád 1994(67ª) Anjel milosrdenstva 1995(68ª) Záhrada 1997(70ª) Orbis Pictus 1998(71ª) Rivers of Babylon 1999(72ª) Všichni moji blízcí 2000(73ª) Krajinka 2002(75ª) Kruté radosti 2003(76ª) Král zlodejov 2005(78ª) Slnečný štát 2007(80ª) Návrat bocianov 2008(81ª) Slepe lásky 2009(82ª) Nedodržaný sľub 2010(83ª) Hranica 2011(84ª) Cigán 2012(85ª) Až do mesta Aš 2013(86ª) Môj pes Killer 2014(87ª) Krok do tmy 2015(88ª) Koza 2016(89ª) Eva Nová 2017(90ª) Čiara 2018(91ª) Tlumočník 2019(92ª) Nech je svetlo 2020(93ª) Správa Peter Bebjak 2021(94ª) Cenzorka 2022(95ª) Oběť 2023(96ª) Svetloplachosť Ivan Ostrochovský e Pavol Pekarčík 2024(97ª) Ema a smrtihlav Iveta Grófová 2025(98ª) Otec Tereza Nvotová
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Checoslovaquia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Categoría:Cinema de Eslovaquia Eslovaquia