En odontoloxía denomínase abrasión dental (en latín científico abrasio dentium) ao desgaste mecánico producido pola interacción con outros obxectos que non sexan o contacto dente-dente.

Dentes máis afectados e causas Con maior frecuencia afecta aos premolares e caninos, xeralmente ao longo das marxes cervicais (cervix dentis), superficie da unión da coroa do diente e a raíz, nos sucos xinxivais.Forbes-Haley, C.; Jones, S. B.; Davies, M., & West, N. X. (2016): "Establishing the Effect of Brushing and a Day's Diet on Tooth Tissue Loss in Vitro". Dentistry Journal, 4 (3): 25. Resume. En base en enquisas clínicas, os estudos demostraron que a abrasión é o factor etiolóxico máis común, aínda que non o único, para o desenvolvemento de lesiónes cervicais non cariosas (NCCL, nas súas siglas en inglés) e é causado con maior frecuencia por unha técnica incorrecta do cepillado dental.

A abrasión con frecuencia preséntase na unión cemento-esmalte, e pode ser causada por moitos factores contribuíntes, todos coa capacidade de afectar a superficie do diente en diversos graos.Sugita L.; Nakashima, S.; Ikeda, A.; Burrow, M. & Nikaido, T. (2017): "A pilot study to assess the morphology and progression of non-carious cervical lesions" . Journal of Dentistry 2017: 51-56.

A aparencia pode variar segundo a causa da abrasión, porén, presenta con maior frecuencia en forma de "V" causada por unha presión lateral excesiva mentres o doente cepilla os dentes. A superficie é brillante en lugar de cariada, e ás veces a fenda é o suficientemente profunda como para ver a cámara pulpar dentro do dente.

A presenza da perda cervical non cariosa debido á abrasión pode conducir a consecuencias e síntomas taies como aumento da sensibilidade dentaria á calor e ao frío, aumento de placa que dará como resultado caries e enfermidade periodontal, dificultade de aparellos dentais como a dentadura postiza ao enganchar o dente, e tamén pode ser esteticamente desagradábel para algunhas persoas.

Notas

Categoría:Odontoloxía