miniatura|Hany Abu-Assad, director dos dous filmes palestinos candidatos ao premio. Palestina presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 2003. No ano 2002, Palestina xa intentara sen éxito presentarse nesta categoría. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2024, Palestina presentou dezasete filmes ó Óscar ó mellor filme internacional e conseguiu dous nomeamentos, un por Paradise Now en 2006 e outro por Omar en 2013.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Palestina para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Tódolos filmes foron rodados principalmente en lingua árabe.
Ano(Cerimonia) Título Título en árabe Director Resultado 2003(76ª)Yadon ilaheyya يد إلهية 2004(77ª) The Olive Harvest موسم زيتون 2005(78ª) Paradise Now الجنّة الآن 2008(81ª)Milh hadha al-bahr ملح هذا البحر 2012(85ª)Lamma Shoftak لما شفتك 2013(86ª)Omar عمر 2014(87ª)Eyes of a Thief عيون الحراميه 2015(88ª)The Wanted 18 Paul Cowan, Amer Shomali 2016(89ª)Ya tayr el tayer يا طير الطاير 2017(90ª)Wajib واجب 2018(91ª)Istiyad Ashbah إصطياد اشباح 2019(92ª)It Must Be Heaven It Must Be Heaven 2020(93ª)Gaza mon amour غزة حبيبتي Tarzan Nasser e Arab Nasser 2021(94ª)Al-Gharīb الغريب Ameer Fakher Eldin 2022(95ª)Ḥamaa albaḥr almutawasiṭ حمى البحر المتوسط Maha Haj 2023(96ª)Bāy Bāy Ṭabariyya باي باي طبريا Lina Soualem 2024(97ª)From Ground Zero قصص غير محكية من غزة من المسافة صفر Aws Al-Banna, Ahmed Al-Danf, Basil Al-Maqousi, Mustafa Al-Nabih, Muhammad Alshareef, Ala Ayob, Bashar Al Balbisi, Alaa Damo, Awad Hana, Ahmad Hassunah, Mustafa Kallab, Satoum Kareem, Mahdi Karera, Rabab Khamees, Khamees Masharawi, Wissam Moussa, Tamer Najm, Abu Hasna Nidaa, Damo Nidal, Mahmoud Reema, Etimad Weshah e Islam Al Zrieai 2025(98ª)Palestine 36 فلسطين ٣٦ Annemarie Jacir
Notas
Categoría:Cinema de Palestina Palestina