miniatura|Trần Anh Hùng representou a Vietnam dúas veces na categoría, incluíndo o único filme vietnamita en ser nomeado, Mùi đu đủ xanh (1993). Vietnam presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1993. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Vietnam para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano Título Director(es) Resultado 1993 Mùi đu đủ xanh 1996 Bụi hồng 1999 Ba mùa 2000 Mùa hè chiều thẳng đứng 2003 Vua bãi rác 2005 Mùa len trâu 2006 Chuyện của Pao 2007 Áo lụa Hà Đông 2009 Đừng đốt 2011 Khát vọng Thăng Long 2012 Mùi cỏ cháy 2015 Trúng số 2016 Tôi thấy hoa vàng trên cỏ xanh 2017 Cha cõng con 2018 Cô Ba Sài Gòn e Kay Nguyễn 2019 Hai Phượng 2020 Mắt biếc 2021 Bố già e Vũ Ngọc Đãng 2022 578: Phát đạn của kẻ điên 2023 Tro tàn rực rỡ 2024 Đào, phở và piano

Notas

Categoría:Cinema de Vietnam Vietnam