O Uruguai presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 2001. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Uruguai para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 1992(65ª) Un lugar en el mundo Castelán 2001(74ª) En la puta vida Castelán 2002(75ª) El último tren Castelán 2003(76ª) El viaje hacia el mar Castelán 2004(77ª) Whisky Castelán e Pablo Stoll 2005(78ª) Alma Mater Castelán 2007(80ª) El baño del Papa Castelán César Charlone e Enrique Fernández 2008(81ª) Matar a todos Castelán 2009(82ª) Mal día para pescar Castelán 2010(83ª) La vida útil Castelán 2011(84ª) La casa muda Castelán 2012(85ª) La demora Castelán 2013(86ª) Anina Castelán 2014(87ª) Mr. Kaplan Castelán 2015(88ª) Una noche sin luna Castelán 2016(89ª) Migas de pan Castelán 2017(90ª) Otra historia del mundo Castelán 2018(91ª) La noche de 12 años Castelán 2019(92ª) Así habló el cambista Castelán 2020(93ª) Alelí Castelán 2021(94ª) La teoría de los vidrios rotos Castelán 2022(95ª) El empleado y el patrón Castelán, portugués e francés 2023(96ª) Temas propios Castelán 2024(97ª) Hay una puerta ahí Castelán Facundo Ponce de León e Juan Ponce de León

Notas

Categoría:Cinema do Uruguai Uruguai