O Mar de Irlanda (, , , ,Cambridge Medieval Celtic Studies, Issues 33–35 University of Cambridge (Gran Bretaña). Department of Anglo-Saxon, Norse and Celtic 1997 Ulster-Scots: Airish Sea, ) separa as illas de Irlanda e de Gran Bretaña, conecta co océano Atlántico polo sur a través do Canal de San Xurxo, entre Irlanda e Gales; e polo norte a través do Canle do Norte, entre Irlanda e Escocia. A Illa de Man atópase situada no centro deste mar.
Anglesey, no País de Gales, é a maior illa no mar de Irlanda. a segunda en tamaño é a illa de Man e o mar pode ser ocasionalmente, pero raramente, chamado "Mar de Manx" (, , ). O mar de Irlanda ten unha importancia económica significativa para o comercio rexional, transporte marítimo, pesca e xeración de enerxía en forma de enerxía eólica e centrais nucleares. O tráfico anual entre Gran Bretaña e Irlanda corresponde a máis de 12 millóns de pasaxeiros e 17 millóns de toneladas de bens mercantís.
Topografía
O Mar de Irlanda está conectado ao Atlántico Norte nos extremos norte e sur. Ao norte, a conexión é a través do Canle do Norte entre Escocia e Irlanda do Norte e o Mar de Malin. O extremo sur está conectado ao Atlántico a través da Canle de San Xurxo entre Irlanda e Pembrokeshire e o Mar Celta. Está composto por unha profunda canle de 310 km. de longo e 32–48 km. de ancho no seu lado occidental e baías máis baixas cara ao leste. A profundidade da canle occidental varía de 80 m. ata 275 m. no Beaufort's Dyke na canle norte.
A Baía de Cardigan no sur e as augas ao leste da Illa de Man teñen menos de 50 m. de profundidade. Cun volume de auga total de 2430 km³ e unha superficie de 47.000 km², o 80% está ao oeste da illa de Man. Os bancos de area máis grandes son os bancos Bahama e King William ao leste e ao norte da Illa de Man e ao Banco Kish, Codling Bank, Arklow Bank e Blackwater Bank preto da costa de Irlanda. O mar de Irlanda, no seu maior ancho, ten 190 km e se estreita ata 76 km..
A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar de Irlanda (coa Canle de San Xurxo) como segue, No norte. O límite sur dos Mares interiores da costa oeste de Escocia, definido como unha liña que une o extremo sur do Mull of Galloway (54° 38'N) en Escocia e Ballyquintin Point (54° 20'N) en Irlanda. No sur. Unha liña que se une a St. David's Head en País de Gales () a Carnsore Point en Irlanda ().
O mar de Irlanda experimentou unha serie de cambios dramáticos nos últimos 20.000 anos cando finalizou o último período glacial e foi substituído por condicións máis cálidas. No alto da glaciación, a parte central do mar moderno era probablemente un lago de auga doce. A medida que retirouse o xeo fai 10.000 anos, o lago volveuse a conectar ao mar.
Cidades e vilas lista de cidades e vilas ao redor das costas do Mar de Irlanda en orde de tamaño:
Ranq Cidade/vila Condado Rexión/provincia Poboación País 1 Dublín Condado de Dublín Leinster 1.173.179 República de Irlanda 2 Liverpool Merseyside Noroeste 864.122 Inglaterra 3 Belfast Condado de Antrim Ulster 847.153 Irlanda do Norte 4 Blackpool Lancashire Noroeste 142.065 Inglaterra 5 Southport Merseyside Noroeste 90.381 Inglaterra 6 Birkenhead Merseyside Noroeste 88.818 Inglaterra 7 Bangor Condado de Down Ulster 61.011 Irlanda do Norte 8 Wallasey Merseyside Noroeste 60.284 Inglaterra 9 Barrow-in-Furness Cumbria Noroeste 56,745 Inglaterra 10 Crosby Merseyside Noroeste 51.789 Inglaterra 11 Lytham St Annes Lancashire Noroeste 42.954 Inglaterra 12 Drogheda Condado de Louth Leinster 40.956 República de Irlanda 13 Dundalk Condado de Louth Leinster 39.004 República de Irlanda 14 Morecambe Lancashire Noroeste 34.768 England 15 Bray Condado de Wicklow Leinster 32.600 República de Irlanda 16 Colwyn Bay Conwy Clwyd 31.353 Gales 17 Thornton-Cleveleys Lancashire Noroeste 31.157 Inglaterra 18 Douglas - Illa de Man 27.938 Illa de Man 19 Carrickfergus Condado de Antrim Ulster 27.903 Irlanda do Norte 20 Dún Laoghaire Dún Laoghaire–Rathdown Leinster 26.525 República de Irlanda 21 Fleetwood Lancashire Noroeste 25.939 Inglaterra 22 Workington Cumbria Noroeste 25.207 Inglaterra 23 Rhyl Denbighshire Clwyd 25.149 Gales 24 Whitehaven Cumbria Noroeste 23.986 Inglaterra 25 Llandudno Conwy Clwyd 20.701 Gales 26 Wexford Condado de Wexford Leinster 20.188 República de Irlanda 27 Larne Condado de Antrim Ulster 18.775 Irlanda do Norte 28 Arklow Condado de Wicklow Leinster 14.353 República de Irlanda 29 Aberystwyth Ceredigion Dyfed 13.040 Gales 30 Holyhead Illa Holy Anglesey 11.431 Gales
Illas Lista do mar de Irlanda que teñen polo menos un quilómetro cadrado de superficie ou que teñen unha poboación permanente. Anglesey e Illa Holy están incluídos por separado.
NomeSuperficie (km²)Ranq (area)PoboaciónAs cifras de poboación son do censo de 2001, agás a illa de Man, de 2006.. As poboacións das illas menores estimouse en 5 por casa habitadaRanq (pob.)PaísAnglesey6750156.09202GalesIlla de ManIsle of Man Census 2006 (excluding the population of 2 living on the Calf of Man) 5720284.49701Illa de ManIlla Holy390313.57903GalesIlla WalneyNational Statistics – Walney North (Ward) and Walney South (Ward) 130411.38804InglaterraIlla Lambay5´5405<1008República de IrlandaIlla Bull306<2007República de IrlandaIlla Ramsey2´58070-GalesIlla Bardsey1´7909<510GalesCalf of Man2´50080-Illa de ManIlla BarrowDescoñecida-2.61605InglaterraIlla RoaDescoñecida-10006InglaterraYnys GaintDescoñecida-<1008GalesIlla Piel0´20-<510InglaterraYnys CastellDescoñecida-<510GalesYnys Gored Goch0´004-<510Gales
Notas
Véxase tamén
Categoría:Mares do Océano Atlántico Categoría:Xeografía de Irlanda Categoría:Xeografía do Reino Unido