Denomínase non espletivo a aquel que non afecta, aínda que non é unha marca que implica negación, á modalidade do enunciado.

O non espletivo nunca é de uso obrigatorio e recoñécese doadamente porque en caso se prescindir del, en caso de conformarmos de novo a secuencia sen a súa presenza, o significado non varía.

Pode encontrarse nas seguintes construcións:

Temporais introducidas por ata que, sobre todo co verbo en subxuntivo: Non o faremos ata que non esteas aquí. Comparativas de desigualdade: É máis lixeira a miña saca ca non a túa Exclamacións e interrogacións retóricas introducidas por canto/s, canta/s: ¡Canto non choveu dende aquela!

Categoría:Gramática