Bartoszyce (forma histórica en polaco Barsztyn e en alemán Bartenstein) é unha cidade do condado homónimo do voivodato Varmia-Masuria no norte de Polonia; é tamén sede do concello rural do mesmo nome que se localiza no curso inferior do río Łyna. Ata 1945 a lingua da cidade foi a variedade natangisch-bartisch do dialecto baixo prusiano do baixo alemán mentres o alemán estándar era a lingua oficial e dende 1945 o polaco é a lingua oficial e da maioría da poboación e existe unha minoría de lingua ucraína.
Localización miniatura|Bartoszyce dende a torre de subministración de auga Bartoszyce está situada na zona norte de Varmia e Masuria, a ambos os dous lados do río Łyna, na mesorexión Nizina Sępopolska, que á súa vez forma parte da macrorexión da Nizina Staropruska, nas subprovincias de Pobrzeża Wschodniobałtyckie e Niżu Wschodniobałtycko-Białoruskiego. Bartoszyce atópase nunha chaira, que nos seus bordos se eleva ata acadar unha altura de entre 80 e 100 metros sobre o nivel do mar mentres baixa cara ao centro ata achegarse os 40 ou 50 .
A cidade está situada a 71 km de Olsztyn, 256 de Varsovia, 177 de Gdańsk, 17 da fronteira con Rusia e a 58 de Kaliningrado.
Xeografía A superficie de Bartoszyce é de 11 km² distribuído en , correspondéndolle as áreas urbanizadas o 27,9%, a terreos cultivables o 27,9% a bosques o 6,0% e a auga o 2,6%.
Xeoloxía e relevo Bartoszyce está situado no cratón europeo oriental do escudo do Báltico, na parte baixa dunha planicie de morena, polo que o terreo da cidade é bastante plano. Non obstante, os arredores de Bartoszyce caracterízanse por zonas montañosas con numerosos pozos de auga nas depresións locais.
Clima A temperatura media anual é de 6,9 °C. A tempada agrícola dura aproximadamente 200 días"Studium uwarunkowań i kierunków zagospodarowania przestrzennego miasta bartoszyce". bartoszyce.pl, durante os cales a temperatura media é de 12 °C. A humidade relativa na localidade é do 82%. O índice de nebulosidade media anual é dos máis baixos do voivodato e do país xa que o ceo está cuberto aproximadamente uns 100 días ao ano. A media de sol diaria é de aproximadamente 4 horas ao día. A cidade ten unha precipitación anual de 538 mm. O número de días con xeo ao ano é de 38-43, con xeadas 110–125 e días con neve 60–65. Na cidade prevalecen os ventos do suroeste (18,9%) e oeste (15,2%) . A proporción dos ventos do suroeste aumenta especialmente no outono e mais no inverno.
Hidrografía miniatura|O río Łyna preto de Bartoszyce. miniatura|Lago Bartbetowskie Na área de Bartoszyce e nos arredores flúe no río Łyna e os seus afluentes. É o maior río de Varmia e Masuria e o principal compoñente da rede hidrográfica da rexión . Toda a zona do val do río Łyna está recoñecida como paisaxe protexida .
O val distínguese polos cambios dinámicos do terreo, que provocan subidas periódicas do nivel da auga e alagamento da ribeira do río dende o leito ata unha altura de 40 m sobre o nivel do mar. O meirande afluente do Łyna en Bartoszyce é o Suszyca, conectado hidroloxicamente co lago Kinkajmskie. Neste construíuse un aliviadoiro de formigón que acumula auga a unha altura de 1,4 m como resultado do que se recollen un máximo de 66,5 mil. m³ . Esta auga forma un lago, o Mleczarskie, no que se atopa a praia que serve á cidade. Outra superficie de augas permanentes dentro da cidade é o lago Barbetowskie.
Natureza A localidade atópase na rexión natural de Pomerania . Non obstante, a vexetación da cidade é de carácter antropoxénico.
A superficie boscosa da cidade cobre 66 ha . O maior complexo boscoso está situado na parte oriental preto do río Łyna, dominado por piñeiros, carballos, ameneiros e bidueiros . Segundo a natureza e a rexionalización forestal, os bosques de Bartoszyce pertencen á rexión Masuria-Podlasie. Fóra dos bosques, o 6,3% (68,9 ha) da superficie global está cuberta por vexetación urbana como parques. Áreas verdes e bosques tamén se atopan nas ladeiras dos ríos Łyna e Suszyca. Non obstante, cumpren a función de protexer os solos contra a erosión, polo que o seu uso polos cidadáns está restrinxido . Xunto coa superficie forestal dos límites administrativos de Bartoszyce, as zonas verdes constitúen o 12,3% da superficie total da cidade.
En Kętrzyńska 18, no xardín hai o único monumento natural de Bartoszyce, un freixo cunha circunferencia de 355 cm e unha altura de 30 m . Anteriormente había tamén outro, un carballo que se cortou por seguridade tras da danalo un raio.
O mundo animal está dominado por especies adaptadas á vida urbana, como aves de ambiente urbano e de parque e pequenos mamíferos. A excepción é a numerosa poboación de castores no val do río Łyna.
Demografía Segundo datos da oficina de estatística polaca o 1 de xaneiro de 2007, Bartoszyce tiña 25.164 habitantes (9ª localidade de Varmia e Masuria e 176ª en Polonia ), e con 11 km² (494ª do país) a súa densidade de poboación era de 2288 h/km².
A poboación da cidade ao longo dos séculos foi desigual. Segundo os datos dispoñibles, a súa poboación en 1820 era de 2547, en 1852 de 3600, en 1880 de 6500, e en 1905 aumentou ata os 6698. Probablemente isto foi causado polo rápido desenvolvemento xeral da cidade como consecuencia da conexión ferroviaria que se realizou en 1866, que a enlazaba coa capital de Prusia Oriental, Konigsberg, o que provocou numerosas migracións cara á cidade.
O número de fogares na cidade é de 9461
Pirámide de poboación de Bartoszyce en 2014 http://www.polskawliczbach.pl/Bartoszyce, w oparciu o dane GUS.. O azul representa as mulleres e o negro os homes: 600x600px
Historia miniatura|Estelas prusianas de Bartoszyceminiatura|Selo da cidade de Bartoszyce (1440) A rexión estaba habitada pola tribo báltica dos prusianos cando os cabaleiros teutónicos construíronJanusz Bieszk (2010) Zamki państwa krzyżąckiego w Polsce Varsovia:Bellona, p. 158, no límite entre o territorios habitado polos clans prusianos dos bartios e os notangi, en 1240 un dos primeiros castelos da Prusia inferior, xunto co castelo en Reszel e Wissenburg preto de Sępopol, na beira do Lyna e cos cabaleiros tamén se asentaron colonizadores alemáns, probablemente procedentes de Hessen ou Brandeburgo, aos que máis tarde se lles uniron moitos colonos de Mazovia . Primeiro levantouse unha torre de vixilancia de madeira protexido con estacadas e terrapléns. Durante a rebelión dos prusianos (1260-1272) as forzas prusianas cercaron o castelo entre 1260 e 1263 e á fin os cabaleiros teutónicos abandonárono e tras o sometemento dos prusianos volvérono reconstruír entre 1274 e 1280, xa en pedra. En 1326 apareceu por escrito por primeira volta co nome de Rosenthal e no ano de 1332 gran mestre Luther von Braunschweig deulle privilexios vilegos Rzempołuch A., 1993. Przewodnik po zabytkach sztuki dawnych Prus Wschodnich. Agencja Wyd. „Remix”, Olsztyn. co novo nome de BartensteinHeinrich Gottfried Philipp Gengler (1863) Regesten und Urkunden zur Verfassungs- und Rechtsgeschichte der deutschen Städte im Mittelalter. Erlangen, pp 123–126. A cidade desenvolveuse axiña, Henning Schindekopf ordenou a construción dunha muralla defensiva arredor do castelo en 1353, e xa existía unha casa mercante en 1356 e dúas igrexas en 1361 e mesmo en 1377 facíase mención a unha escola. No século XIV a cidade tiña tres portas: Królewiecka, Sąteczeńska (Młyńska) e Lidzbarska. O castelo nos séculos XIV e XV foi sede dun procurador da orde e pertencía á komtur de Balga. miniatura|Documento no que a Confederación Prusiana lle ofrecía a incorporación dos territorios de Prusia ao rei Kazimierz IV Jagiellończyk e á Coroa do Reino de Polonia, 1454. Arquivo Central de Documentos Antigos de Varsovia. En 1454 a cidade, que en 1432 contaba con 1500 habitantes, no comezo da Guerra dos trece anos púxose do lado da Confederación Prusiana e o Reino de Polonia e os cidadáns destruíron o castelo teutónico Janusz Bieszk (2010) Zamki państwa krzyżąckiego w Polsce Varsovia:Bellona, p. 159; a petición do rei Kazimierz IV Jagiellończyk incorporouse ao Reino de Polonia. Despois de seis anos, os cabaleiros teutónicos reconquistaron a cidade e en 1525 converteuse ao protestantismo coa desaparición da Orde Teutónica e a aparición ducado de Prusia Geschichte der Stadt Bartoszyce - Bartenstein . Ostpreußen.net. Foi unha época de activación da economía, o comercio de grans, peles, madeira, lúpulo e ámbar intensificouse, dende o século XVI ata o XVII foi a época dourada na historia de Bartoszyce. A cidade desenvolveuse en todos os ámbitos da vida económica e social ata se converter na segunda cidade tras Königsberg do Ducado de Prusia e na primeira metade do século XV tiña uns 4000 habitantes.
En 1621 contaba cunha das primeiras escolas secundarias da rexiónDietrich Gerhard: "Bartensteiner Schulordnung von 1621" In: Neue Preußische Provinzial-Blätter, Band 4, 1. Heft. Königsberg 1871,pp. 535–540.. En 1656 o rei sueco Gustavo Adolf e o príncipe prusiano Frederico Guillerme visitaron a cidade e en 1661 o parlamento prusiano reuniuse en Bortoszyce. O século XVIII foi unha época de declive económico, ademais entre 1788 e 1850 a cidade viuse afectada por varios grandes incendios. miniatura|Bartoszyce, entón Bartenstein, antes de 1914 En 1807, durante as guerras napoleónicas, reuníronse en Bartoszyce o rei de Prusia Frederico Guillerme III e mais o tsar ruso Alexandre I. O tsar quería manter a Prusia do seu lado na guerra contra Napoleón garantíndolle a retención das adquisicións territoriais polacas. A reunión resultou na sinatura do tratado de Bartoszyce o 26 de abril de 1807Der Große Brockhaus, 15ª ed., Vol. 2, Leipzig 1929, p. 333. que supuxo unha alianza contra o emperador francésEdmund Jan Osmańczyk (2003) Encyclopedia of the United Nations and International Agreements: N to S, Routledge p. 1508.
Como resultado da reforma administrativa prusiana iniciada en 1815 Bartoszyce integrouse no distrito (landkreis) de FriedlandHermann Pölking (2014) Ostpreußen: Biographie einer Provinz be.bra Verlag.
A cidade pronto contou con conexións ferroviarias con outras localidades de Prusia Oriental. O 24 de setembro de 1866Andrzej Wakar (1987) Bartoszyce: z dziejów miasta i okolic Olsztyn:Wydawnictwo Pojezierze, p. 78 abriuse a liña que a ligaba con Preußisch Eylau – Königsberg e o 1 de novembro de 1867 a que a unía con Korschen e Rastenburg o que favorecía a creación de empresas na localidade, creouse unha fundición de ferro e unha fábrica de locomotoras e vagóns. miniatura|Ao fondo a sede do distrito de Friedland construído en 1902 no lugar onde estivera o castelo da cidade. O edificio ardeu en 1945 ao final da segunda guerra mundial. Entre finais do XIX e comezos do XX a cidade comezou a saír do seu declive, converteuse en sede xudicial e dotouse dunha gornición militar, e en 1880 tiña 7.132 habitantes. En 1881 desenvolveuse a conexión telegráfica e en 1899 a telefónica. En 1902 a capitalidade do distrito de Friedland pasou a Bartoszyce. A localidade comezou a mudar o seu carácter, dunha vila de predominio dos artesáns e do pequeno comercio a outra máis centrada nas oficinas e nos militares. En 1927 o distrito tomou o seu nome e en 1933 a cidade tiña unha poboación de 8.717 habitantes, e en 1939 11.268 e, coa inclusión da gornición militar, 12.912 habitantes.
Contra o final da segunda guerra mundial, nos últimos días de xaneiro e primeiros de febreiro de 1945 no decurso da ofensiva de Prusia Oriental, celebráronse intensos combates en Bartoszyce, e o 4 de febreiroFranciszek Sokołowski "Z badań nad administracją Okręgu Mazurskiego 1945-1946" Komunikaty Mazursko-Warmińskie nº 3, 291-311 o exército vermello entrou na cidade. Estímase que durante a guerra a cidade quedou destruída nun 50%. Despois da guerra a cidade incorporouse a Polonia, e a maioría da poboación, etnicamente alemá, fuxiu ou foi expulsada, substituída principalmente por polacos. En 1946 converteuse en sede de distrito (powiat).
Símbolos