Gemini 1 foi a primeira proba de lanzamento dunha cápsula Gemini xunto co seu lanzador, un Titan II GLV.

Desenvolvemento da misión Gemini 1 foi ideada para comprobar a integridade estrutural e compatibilidade da cápsula Gemini co seu foguete lanzador, así como o rendemento do foguete, os sistemas de control, a precisión da inserción orbital e o funcionamento dos sistemas de detección de avarías. Foi a primeira cápsula Gemini de produción en ser enviada ao espazo.

Gemini 1 foi lanzada o 8 de abril de 1964 ás 16:00:01 UTC desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e inserido nunha órbita inicial de 160,5 km de perixeo e 320,6 km de apoxeo, cun período orbital de 89,3 minutos. A cápsula foi lanzada cun exceso de velocidade de 22,5 km/h sobre o previsto, o que fixo que a órbita fose 33,6 km máis alta do calculado. A cápsula permaneceu unida á segunda etapa do Titan II, tal como estaba previsto. A misión durou 4 horas e 50 minutos, tres órbitas en total, durante as cales se fixeron todas as probas necesarias, que resultaron ser un éxito. O conxunto de cápsula e foguete reentraron na atmosfera terrestre o 12 de abril, destruíndose sobre o Atlántico sur.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Programa Gemini Gemini 2 Gemini 3 Gemini 4 Gemini 5 Gemini 6 Gemini 7 Gemini 8 Gemini 9 Gemini 10 Gemini 11 Gemini 12

Categoría:Programa Gemini