Mientras dure la guerra é un filme español de 2019 dirixido por Alejandro Amenábar, con guión do propio cineasta e o cubano Alejandro Hernández. Comezou a rodarse en Salamanca o 28 de maio de 2018 e está protagonizado por Karra Elejalde (como Miguel de Unamuno), Eduard Fernández (como José Millán-Astray), Santi Prego (como Francisco Franco) e Nathalie Poza (como Ana Carrasco Robledo).

Conta os sucesos ocorridos en Salamanca da segunda metade de 1936 a través do fío condutor do conflito político e persoal do escritor e filósofo Miguel de Unamuno, dende a proclamación a mañá do 19 de xullo e o seu inicial apoio ó bando golpista (o que lle supón o cesamento o 22 de agosto como reitor vitalicio da Universidade decretado polo presidente da República Manuel Azaña) ata que volve en coche á súa casa da rúa Bordadores acompañado pola esposa de Francisco Franco, Carmen Polo, trala conclusión do acto de apertura do curso académico celebrado o daquela coñecido como «Día da Raza» (12 de outubro) no paraninfo da institución, e o seu falecemento o 31 de decembro daquel mesmo ano.

Personaxes Karra Elejalde como Miguel de Unamuno Eduard Fernández como José Millán-Astray Santi Prego como Francisco Franco Nathalie Poza como Ana Carrasco Patricia López Arnaiz como María de Unamuno Lizárraga Luis Zahera como Atilano Coco Luis Bermejo como Nicolás Franco Inma Cuevas como Felisa de Unamuno Mireia Rey como Carmen Polo Tito Valverde como Miguel Cabanellas Luis Callejo como Emilio Mola Carlos Serrano-Clark como Salvador Vila Hernández Ainhoa Santamaría Itziar Aizpuru Pep Tosar como Enrique Pla y Deniel Miquel García Borda como Xeneral Kindelán

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes dirixidos por Alejandro Amenábar Categoría:Filmes ambientados en España Categoría:Filmes ambientados en Marrocos Categoría:Filmes ambientados en 1936 Categoría:Filmes sobre o franquismo Categoría:Filmes sobre a guerra civil española