Ligand Pharmaceuticals é unha empresa biofarmacéutica norteamericana con sede en San Diego, que se fundou en 1987 como Progenx Inc. e que principiou a cotizar en bolsa en 1992. Inicialmente centrouse en desenvolver os seus propios medicamentos, pero tras un período de problemas internos a comezos da década de 2000 que levaron á expulsión do seu director executivo polos accionistas e unha mudanza da estratexida da empresa, para se centrar na adquisición de dereitos de medicamentos xa existentes e formar alianzas para os desenvolver.

Dende 2005 a empresa tivo por dúas veces que corrixir as súas contas financeiras, e foi obxecto de demandas xudiciais colectivas. Fortune clasificadouna entre as 100 empresas que máis medraron no período 2014-2016, e en 2018 o seu director executivo apareceu na listaxe dos cinco mellor pagados de San Diego.

Actividade Ligand Pharmaceuticals desenvolve ou adquire activos xeradores de regalías que abranguen numerosas tecnoloxías, terapias e medicamentos. Entre outros medicamentos recibe regalías de Kyprolis, Melphalan, Nexterona e Baxdela.

En 2015 Ligand tiña acordos con aproximadamente 120 empresas farmacéuticas, entre elas Captisol.

Historia En 1987 Brook Byers fundou Progenx Inc. que en 1989 mudou o nome polo actual, e que se transformou en compañía de capital aberto a finais de 1992. Howard Birndorf foi seu primeiro director executivo ao que lle sucedeu David Robinson, e os dous enfocaron a actividade ao desenvolvemento de medicamentos baseados en receptores nucleares orfos.

En setembro de 2005 a NASDAQ retirouna dos seus índices despois de imcumprir varios prazos para a presentación das súas contas financeiras. A empresa estaba a ser investigada polo organismo federal Securities and Exchange Commission (SEC) polos informes financeiros emitidos entre 2002 e 2004, e tivo que corrixir as súas contas dese período. Finalmente, non se tomou acción ningunha contra da empresa, pero ao seu auditor da época, Deloitte, multouno máis tarde a Public Company Accounting Oversight Board cun millón de dólares por conduta impropia na realización de auditorías, e que podería revelar que Ligand estaba inflando as vendas. Ligand volveu ao índice NASDAQ en xuño de 2006 e acordou pagar máis de 12 millóns de dólares para resolver o litixio dos accionistas.

Ademais destes problemas de contabilidade, en 2006, a empresa informou da ausencia de beneficios malia algúns dos medicamentos que desenvolveran contaban coa aprobación das autoridades sanitarias, e accionistas disidentes, como Dan Loeb, forzaron a marcha de Robinson substituído por Henry F. Blissenbach que vendeu todas as operacións comerciais da compañía e despediu traballadores. En xaneiro de 2007 John Higgins, un antigo banqueiro de investimento, asumiu o posto de director executivo e mudou a estratexia da empresa para se centrar en medicamentos en desenvolvemento e na formación de acordos con outras empresas para desenvolvelos totalmente.

Durante a crise económica de finais da década de 2000, a compañía utilizou o seu capital para adquirir outras empresas, como Neurogen, Farmacopeia Biotecnology, Metabasis Therapeutics e Cydex Pharmaceuticals. Higgins afirmou que o resultado das compras foi unha carteira de preto de 60 medicamentos en desenvolvemento, acordos con empresas farmacéuticas e outros activos.

Fortune clasificou a empresa como unhas das primeiras cen empresas de maior crecemento no período 2014-2016 e listouna no nº 6 en 2016.. En novembro de 2016, Ligand notificou á SEC que tiña que corrixir os seus últimos informes financeiros por mor de controis ineficaces na contabilidade, esaxeración de activos por impostos diferidos e categorización errónea de débeda non garantida. Como resultado presentáronse varios procesos de demanda colectiva, alegando que a empresa estaba involucrada en fraude de valores. En 2018 Van Doorn de MarketWach clasificou Ligand no número dous da listaxe das empresas de maior rápido crecemento no sector da saúde. As accións de Ligand medraron un 99% no período 2014-2019.

Notas

Categoría:Empresas farmacéuticas Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América