A conquista do Oeste (en ) é un filme épico de western estadounidense de 1962.Crítica en Variety; 7 de novembro de 1962, páxina 6. Foi un dos últimos filmes épico ao "estilo antigo" realizado por Metro-Goldwyn-Mayer que tivo grande éxito. O elenco multiestelar inclúe a Carroll Baker, Lee J. Cobb, Henry Fonda, Carolyn Jones, Karl Malden, Gregory Peck, George Peppard, Robert Preston, Debbie Reynolds, James Stewart, Eli Wallach, John Wayne e Richard Widmark. O filme está narrado por Spencer Tracy.
Ambientado entre 1839 e 1889, segue catro xeracións dunha familia cando se mudan dende o occidente do estado de Nova York ao océano Pacífico. O filme foi un dos só dous filmes dramáticos realizado co proceso de tres proxectores sobre pantalla curva chamado Cinerama, o que aumentou o seu impacto orixinal. A banda sonora foi cualificada no número 25 da lista de 100 bandas sonoras do American Film Institute. O filme foi un éxito de crítica e en 1997 foi seleccionado para a súa conservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Estreouse na Televisión de Galicia o 6 de xaneiro de 2003.La Voz de Galicia, 6 de xaneiro de 2003. Páx. 70
Argumento O filme comeza coa narración por Spencer Tracy mentres a cámara aérea voa sobre as montañas Rochosas. "Esta terra hoxe ten un nome", di Tracy nas primeiras liñas do filme, "e está sinalada nos mapas".
O filme consta de catro episodios sobre a colonización do Oeste que teñen lugar entre 1830 e 1890 máis un interludio ambientado na guerra civil estadounidense: "The Rivers" (1839), dirixido por Henry Hathaway "The Plains" (1851), dirixido por Henry Hathaway "The Civil War" (1861–1865), dirixido por John Ford "The Railroad" (1868), dirixido por George Marshall "The Outlaws" (1889), dirixido por Henry Hathaway
Un breve epílogo mostra como os modernos Estados Unidos creceron dende o Oeste a principios da década de 1960, que inclúe fotogramas do encoro Hoover, o intercambiador de catro niveis nos Ánxeles e a ponte Golden Gate en San Francisco.
Personaxes Spencer Tracy como narrador
Introducidos en "The Rivers" James Stewart como Linus Rawlings Carroll Baker como Eve Prescott Rawlings Debbie Reynolds como Lillith Prescott van Valen Karl Malden como Zebulon Prescott Agnes Moorehead como Rebecca Prescott Walter Brennan como Col. Jeb Hawkins Brigid Bazlen como Dora Hawkins Lee Van Cleef como river pirate (sen acreditar)
Introducidos en "The Plains" Gregory Peck como Cleve Van Valen Robert Preston como Roger Morgan Thelma Ritter como Agatha Clegg David Brian como Lilith's attorney John Larch como Grimes a gambler (sen acreditar) Clinton Sundberg como Hylan Seabury (sen acreditar)
Introducidos en "The Civil War" George Peppard como Zeb Rawlings Andy Devine como Corporal Peterson Harry Morgan como Xen. Ulysses S. Grant John Wayne como Gen. William Tecumseh Sherman Russ Tamblyn como Confederate deserter Raymond Massey como Presidente Abraham Lincoln Ken Curtis como Cpl. Ben (sen acreditar)
Introducidos en "The Railroad" Henry Fonda como Jethro Stuart Richard Widmark como Mike King
Introducidos en "The Outlaws" Lee J. Cobb como Marshal Lou Ramsey Eli Wallach como Charlie Gant Carolyn Jones como Zeb Rawlings' wife, Julie Mickey Shaughnessy como Deputy Stover Harry Dean Stanton como membro da banda de Gant (sen acreditar) Jack Lambert como membro da banda de Gant (sen acreditar)
O flime supuxo a última aparición de Raymond Massey, de 66 anos, como Abraham Lincoln, papel que interpretara previamente no teatro (Abe Lincoln in Illinois e a adaptación de John Brown's Body), no cinema (Abe Lincoln in Illinois) e na televisión (The Day Lincoln Was Shot, e dúas producións de Abe Lincoln in Illinois).
Éxito comercial Sorprendentemente para un filmes estadounidense deste tipo, A conquista do Oeste tivo a súa estrea mundial no Reino Unido, no Casino Cinerama de Londres o 2 de novembro de 1963. O filme foi emitido no Casino durante 123 semanas, ata abril de 1965.
A conquista do Oeste tivo un grande éxito comercial. Producido cun grande orzamento para esa época de quince millóns de dólares, logrou 46,5 millóns nos cines norteamericanos,Box Office Information for How the West Was Won. The Numbers. Consultado o 2 de setembro de 2013. converténdose no segundo filme con máis público de 1963. Obtivo cincuenta millóns de dólares en todo o mundo.Box Office Information for How the West was Won. IMDb via Internet Archive. Consultado o 17 de xuño de 2018.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1962 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Ford Categoría:Filmes dirixidos por Henry Hathaway Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 1839 Categoría:Filmes ambientados en 1851 Categoría:Filmes ambientados en 1861 Categoría:Filmes ambientados en 1865 Categoría:Filmes ambientados en 1868 Categoría:Filmes ambientados en 1889 Categoría:Filmes rodados en Arizona Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Illinois Categoría:Filmes rodados en Oregón Categoría:Filmes rodados en Dacota do Sur Categoría:Filmes rodados en Utah Categoría:Filmes sobre nativos americanos Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1962 con versión en galego