Laia Marull, nada en Barcelona o 4 de xaneiro de 1973, é unha actriz de cinema, televisión e teatro catalá.
Traxectoria Nada en Barcelona, Marull cultivo dende nova a súa vocación interpretativa. Coa axuda dos seus pais, formouse no laboratorio de teatro Nancy Tuñón, para debutar en 1994 na serie de TV3 Estació d'enllaç, que foi, segundo as súas propias palabras, "a súa mellor escola" como actriz. Instruída tamén no canto e na danza clásica e contemporánea, Marull permaneceu durante catro temporadas na serie, mentres ía adquirindo tamén experiencia nos escenarios teatrais.
Tras esta serie iniciou en 1996 unha fulgurante carreira no cinema, en apenas nove anos participou en filmes que lle valeron tres premios Goya e unha Cuncha de Prata do Festival Internacional de Cine de Donostia.
En 2015 incorporouse ao elenco da serie Carlos, Rey Emperador dando vida a Xoana I de Castela.'Carlos, Rey Emperador'
Filmografía Longametraxes Razones sentimentales (1996) Asunto interno (1996) Mensaka, páginas de una historia (1998) Lisboa (1999) La sombra de Caín (1999) Pleure pas Germaine (2000) Café Olé (2000) Fugitivas (2000) El viaje de Arián (2000) Te doy mis ojos (2003) Las voces de la noche (2003) Oculto (2005) El Greco (2007) La herencia Valdemar (2010) La herencia Valdemar II: La sombra prohibida (2011) Pa negre (2010)La actriz Laia Marull, ganadora al Goya como Mejor Interpretación Femenina de Reparto por Pa negre, en la web RTVE.es, 13/02/2011 Las olas (2011) Due uomini, quattro donne e una mucca depressa (2012) Quatretondeta (2016) Brava (2016) La madre (2016)
Curtametraxes A deshoras (1994) El viaje (1994) Me gusta verlos mirarse (1998) 9 (2009)
Televisión Estació d'enllaç, (1994/98) Nova ficció, (1997) Primera jugada, (1997) Pirata, (1999) Ermessenda, (2011) Los nuestros, (2015) Carlos, Rey Emperador, (2015-2016)
Notas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1973 Categoría:Actores de cinema de Cataluña Categoría:Actores de teatro de Cataluña Categoría:Actores de televisión de Cataluña