Os mokaná (tamén chamados mocaná) son un pobo indíxena que vive no departamento Atlántico de Colombia. Son a única comunidade indíxena do departamento. A lingua mokaná, parte da familia lingüística malibú, é unha lingua extinta da que só se conservan 500 palabras.
Historia miniatura|250px|Distribución dos pobos da familia malibú. O primeiro contacto entre os mokaná e os europeos ocorreu en 1529 cando o conquistador Jerónimo de Melo liderou unha expedición dende Santa Marta até Malambo, un asentamento do río Magdalena nomeado polo cacique mokaná Pedro Malambo, quen gobernaba alí naquela época. Os mokaná convertéronse ó cristianismo no século XVI.
En 1766, a Coroa española garantiu ós mokaná a propiedade de 17 500 hectéreas de terra por decreto real. Durante as guerras de independencia hispanoamericanas, os mokaná loitaron na campaña de Magdalena de 1812 no asedio de Cartaxena de Indias en 1821.
O 2 de maio de 1998, os mokaná foron recoñecidos oficialmente como un grupo étnico polo Goberno de Colombia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pobos indíxenas de Colombia
Categoría:Pobos indíxenas de Colombia Categoría:Atlántico, Colombia