A amnesia de Clío é unha ópera con música de Fernando Buíde sobre un libreto en galego de Fernando Epelde. A súa estrea tivo lugar no Auditorio de Galicia da cidade de Santiago de Compostela o 10 de novembro de 2019 baixo a batuta de Paul Daniel á fronte da Real Filharmonía de Galicia. A posta en escena foi dirixida por Marta Pazos nunha produción da compañía Voadora. Trátase da primeira ópera do compositor compostelán, escrita grazas ao mecenado da bolsa Leonardo da Fundación BBVA.
Emitiuse na Televisión de Galicia o 17 de maio (o 16 de maio na tvG2) de 2020, dentro da programación especial co gallo do Día das Letras Galegas.
Personaxes <center> {| class="wikitable" !Personaxe !Tesitura !Intérpretes na estrea o 10/11/2019(Director: Paul Daniel) |- |Clío, musa da historia |soprano |Raquel Lojendio |- |George W. Bush, ex-presidente dos Estados Unidos de América |barítono |Sebastià Peris |- |Leslie Zimmerman/Angela Merkel |mezzosoprano |Marina Pardo |- |}</center>
Argumento Acto I: O ano no que Bush comezou pintar os soldados que enviou morrer a Iraq no ano 2003 O expresidente dos Estados Unidos George W. Bush obsesiónase con pintar os soldados que enviou á Guerra de Iraq, partindo dunha anécdota real que emprega como detonante do surrealismo, parcialidade e excentricidade que rodean a idea de "perspectiva histórica".
O desenvolvemento do acto inicial é como un encontro político entre Clío e Bush, dúas figuras antagónicas, con detalles e flashbacks musicais entre o real e o ficticio.
Acto II: Guerra Oito anos despois dos acontecementos narrados no primeiro acto, estala unha guerra política entre Bush (de novo presidente electo dos Estados Unidos) e Clío, quen conseguiu chegar ao posto de gobernadora italiana.
O segundo acto permite comprender mellor as motivacións de Clío, o seu pasado e as dificultades que se atopou e que a converteron nunha icona complexa e contraditoria. Na voz da musa revívense as estratexias para fuxir da mecánica do patriarcado e as interseccións do seu camiño ata o posto que ocupa. Finalmente Clío trama un plano para desfacerse do seu rival.
Acto III: Clío A metamorfose da muller finaliza, converténdose finalmente na músa da historia, Clío. Detállase a estratexia política para derrocar a George W. Bush da presidencia dos Estados Unidos. Clío revélase como a muller escollida para rexer os designios dunha Europa sumida en profundas mudanzas.
Instrumentación A amnesia de Clío'' é unha ópera escrita para orquestra de cámara, cunha orquestra reducida de tan só uns 38 integrantes. Como único requisito para a sección de corda sinálase que esta debe conter canto menos catro violonchelos e tres contrabaixos, mentres que a sección de ventos engade contrafagot e clarinete baixo que reforzan os graves, e a de percusión engade instrumentos resonantes como as campás, o vibráfono ou o tam-tam, que xunto coa arpa actúan como prolongación sonora das harmonías da orquestra.
Notas
Categoría:Óperas en galego Categoría:Óperas de 2019 Categoría:Óperas estreadas en Santiago de Compostela