Ikonos ou Ikonos 2 (debido á perda do satélite orixinal durante o lanzamento) foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 24 de setembro de 1999 mediante un foguete Athena 2 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.
Características Ikonos foi o primeiro satélite de observación terrestre privado capaz de sacar imaxes en alta resolución. Usaba o bus LM-900, fabricado por Lockheed Martin, estabilizábase nos tres eixos e o instrumento principal era unha cámara cunha resolución de ata 1 metro. O satélite orixinal foi perdido durante un lanzamento o 27 de abril de 1999 debido a un fallo na separación da cofia do foguete. Ikonos foi retirado en 2015, despois de 15 anos de servizo, o dobre da vida esperada inicialmente.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Athena 2
Categoría:Satélites artificiais