Jesús Domingo Pazos Mesías, Moreno, nado na Baña cara a 1911 e finado en Vimianzo o 8 de novembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Panadeiro de Lañas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por auxilio á rebelión o 30 de marzo de 1937 xunto con outros 31 veciños do partido xudicial de Negreira,El Compostelano, 30-3-1937, p. 2. foi condenado a 15 anos de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1940.BOE, 13-2-1940, p. 743

Tras saír de prisión uniuse ao destacamento Botana da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia ao mando de Manuel Ponte Pedreira. Resultou morto no bar SoneiraOutras fontes afirman que o nome do bar era Casa Desiderio ou Casa Mira. de Vimianzo nun enfrontamento coa Garda Civil o 8 de novembro de 1946 cando con Manuel Ponte, Avelino Rivas Pombo, Enrique Ferreirós Candamo, José Santiago Temprano, José Remuiñán Barreiro, José da Silva Bartolomé, Manuel Pena Camino e Emilio Pérez Vilariño, pretendían asaltar o cuartel da Garda Civil para facerse co arsenal de armas e a sucursal do Banco Pastor. Non puideron conseguilo ao estar pechado, e cando Jesús Pazos entrou no bar onde estaba o garda civil Manuel Rodríguez Paz coa intención de collelo como refén para que lles abrise o cuartel, este disparoulle varias veces coa súa pistola. O garda civil Manuel Rodríguez tamén resultou ferido, morrendo ao día seguinte. Manuel Ponte e Emilio Pérez foron cara á casa-cuartel e guindaron dúas bombas de man no interior, producindo estragos materiais. Os gardas civís do interior responderon con disparos, fuxindo o grupo polo monte.Vimianzo vivió un tiroteo entre los maquis y la Guardia Civil Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados na Baña Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes