dereita|miniatura|350x350px|Mapamundi cos climas tropicais salientados en azul. As doenzas tropicais son doenzas infecciosas que son especialmente prevalentes en rexións tropicais e subtropicais. As doenzas son menos prevalentes en climas tépedos, debido en parte á existencia dunha estación fría que controla a poboación de vectores artrópodos ao forzalos a hibernar.Jared Diamond, Armas, gérmenes y acero. Barcelona: Debate, 2006. ISBN 84-8306-667-X. Insectos como os mosquitos e as moscas e arácnidos como as carrachas son de lonxe os portadores de enfermidades ou vectores máis comúns. Estes insectos poden transportar parasitos, bacterias ou virus infecciosos para os seres humanos e os animais. Frecuentemente, a doenza é transmitida pola picada dun artrópodo que ocasiona a transmisión do axente infeccioso por medio de intercambio subcutáneo de sangue.
A exploración de selvas tropicais, a deforestación e crecente inmigración e tráfico aéreo internacional levou a unha incidencia progresivamente globalizada de tales doenzas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía American Journal of Tropical Medicine and Hygiene. The Southeast Asian Journal of Tropical Medicine and Public Health. Revista do Instituto de Medicina Tropical de São Paulo. Revista da Sociedade Brasileira de Medicina Tropical. Journal of Venomous Animals and Toxins including Tropical Diseases.
Categoría:Doenzas tropicais