António Taurino Mega Ferreira, nado en Lisboa o 25 de marzo de 1949 e falecido o 26 de decembro de 2022, foi un escritor, tradutor, xornalista e xestor cultural portugués.
Traxectoria Recibiu os nomes António Taurino por seren os primeiros nomes dos seus avós, paterno e materno.Revista E (15 de Outubro de 2017), páx. 61.Estudou no Liceu Normal de Pedro Nunes, licenciouse en Dereito, pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa, e estudou Dereito e Comunicación Social, na Universidade de Manchester.
Estreouse no xornalismo en 1968, como redactor do Comércio do Funchal, pasando despois polo Jornal Novo, Expresso e O Jornal. Foi xefe de redacción do Jornal de Letras e da RTP2.
Foi colunista do Expresso, Diário Económico, Diário de Notícias, O Independente, Público e das revistas Visão e Egoísta.
Foi director editorial da Círculo de Lectores, entre 1986 e 1988, creando a revista LER, que tamén dirixiu.
Integrou a Comisión Nacional para as Conmemoracións dos Descubrimentos, dirixindo a candidatura de Lisboa á Exposición Mundial de 1998, de que foi comisario executivo.
O 9 de xuño de 1998 foi agraciado coa Grã-Cruz da Orde Militar de Cristo.
Foi presidente do Consello de Administración da Parque Expo, de 1999 a 2002. Dirixiu a representación de Portugal na Feira do Libro de Frankfurt, en 1997.
Foi presidente do Consello de Administración da Fundación Centro Cultural de Belén entre 2006 e 2012. Tamén director executivo da AMEC|Metropolitana, de 2013 a 2019.
Autor de varios libros, iniciou a súa carreira literaria en 1984, publicando máis de 30 obras de ficción, poesía e ensaio. Como poeta e ficcionista, a súa escrita denota, para alén dunha fina ironía intelectual e dunha intelixencia contaxiante, unha notábel cultura literaria, que impregna como unha memoria actuante tudo aquilo – prosa, poesía ou ensaio – en que a súa pluma toca.
Obras
Graça Morais: linhas da terra (1985). Imprensa Nacional Casa da Moeda INCM. O heliventilador de Resende (1985). Difel. As palavras difíceis (1991). Dom Quixote. En 2006, Assírio & Alvim. Os princípios do fim: poemas 1972-1992 (1992) Os nomes da Europa (1994) A borboleta de Nabokov (2000). Ed. Notícias. A expressão dos afectos (2001). Assírio & Alvim. Amor (2002). Assírio & Alvim. As caixas chinesas (2002). Assírio & Alvim. Retratos de sombra (2003). Assírio & Alvim. O que há-de voltar a passar: narrativa (2003). Assírio & Alvim. Roma: exercícios de reconhecimento (2003) Fotobiografia Teixeira de Pascoaes (2003). Assírio & Alvim. Uma caligrafia de prazeres (2003). Texto Editores. O Erotismo Na Ficção Portuguesa do Século XX (2005). Texto Editores. O Tempo que Nos Cabe (2005). Assírio & Alvim Fazer pela vida: um retrato de Fernando Pessoa, o empreendedor (2005). Assírio & Alvim. Graça Morais: os olhos azuis do mar (2005) Abel Salazar: o desenhador compulsivo (2006) Por D. Quixote: o literato, o justiceiro e o amoroso (2006). Assírio & Alvim. O Deserto Ocidental (2007). Assírio & Alvim. A blusa romena: romance (2008). Sextante Ed. Lisboa song (2009). Sextante Ed. Roma - Exercícios de reconhecimento (2010). Sextante Editora. Reeditatada en 2019. Papéis de jornal: crónicas (2011). INCM – Imprensa Nacional Casa da Moeda. Macedo: uma biografia da infâmia (2011). Sextante Ed. Cartas de Casanova: Lisboa 1757 (2013). 2017 en Sextante Ed. O essencial sobre Marcel Proust (2013). INCM – Imprensa Nacional Casa da Moeda. O essencial sobre Albert Camus (2013). INCM – Imprensa Nacional Casa da Moeda. Viagem à literatura europeia (2014). Arranha-céus. Vidas instáveis (2014). Abysmo. Hotel Locarno (2015). Sextante Editora. O Essencial Sobre Dom Quixote (2015). INCM – Imprensa Nacional Casa da Moeda. Viagens pela ficção hispano-americana (2015). En 2019, Arranha-céus. Silêncio (2017). Objectiva. O Essencial sobre Dante Alighieri (2017). INCM – Imprensa Nacional Casa da Moeda O essencial sobre Dom Quixote (2016) Lisboa e Tejo e Tudo (2017). Clube do Autor. Itália - Práticas de viagem (2017). Sextante Editora. Santo António, de Lisboa e Pádua (2019). Clube do Autor. Mais que mil imagens (2020). Sextante Ed.
Colaboracións en TV
1983: Impossível Evasão (TV Movie) 1983: Uma Viagem na Nossa Terra 1983: O Homem Que Não Sabe Escrever 1983: O Banqueiro Anarquista (TV Movie) 2005: Amigos Como Dantes (TV Movie)
Premios 2001: Grande Prémio de Conto "Camilo Castelo Branco" C. M. de Vila Nova de Famalicão/APE, por A expressão dos afectos.
Notas
Categoría:Xornalistas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1949 Categoría:Escritores en lingua portuguesa