Roberto José Leal Guillén, nado en Alcalá de Guadaíra (Sevilla) o 28 de xuño de 1979, é un xornalista, reporteiro e presentador de televisión español.

Traxectoria Licenciado en xornalismo pola Universidade de Sevilla, deuse a coñecer en Informativos Telecinco (2001-2004) como redactor e coordinador das delegacións de Andalucía. Entre 2004 e 2005 traballou como reporteiro de actualidade en Siete lunas (Canal Sur). Entre marzo e xuño de 2005 exerceu como reporteiro en Cada día de Antena 3. De xuño do 2005 a marzo de 2010, foi reporteiro de España directo de TVE.

En abril de 2010, anunciou que ficha por Antena 3. De maio do 2010 a xuño de 2011 foi copresentador de 3D xunto a Gloria Serra. Entre xuño de 2011 e agosto de 2014 foi colaborador e presentador substituto de Espejo público substituíndo a Susanna Griso (durante os días festivos ou as vésperas de Nadal, presentou o programa xunto a Eloísa de Dios, Alicia Senovilla, Romina Belluscio e Sandra Daviú). En 2012 copresentou Te lo mereces con Paula Vázquez e de 2012 a 2014 presentou El estirón (en Nova).

En 2014, volve ser fichado por TVE. Desde o 15 de setembro dese ano ata o 2 de novembro de 2018 presentou España directo, primeiro con Sandra Daviú ata o 28 de maio de 2015 e despois en solitario. En 2015 presentou Los Vengadores en Acción en Disney Channel e tamén presentou Telepasión con Berta Collado; participando desde 2014 nas edicións presentadas por Ramón García (2014); a do ano seguinte, sen presentador (2015) e Anne Igartiburu e Santiago Segura (2017). En 2016 participou na gala dos 60 anos de TVE presentada por Raffaella Carrà. Entre 2014 e 2016 presentou o Sorteo de Lotaría de Nadal para RTVE con Sandra Daviú (2014 e 2016); Ana Belén Roy (2015) e Blanca Benlloch (2014-2016). Tamén, desde 2015 a 2017 presentou a Cabalgata de Reis con Sandra Daviú (2015); Marta Solano e Jacob Petrus (2016) e Marta Solano (2017). No verán de 2017 estivo á fronte de Hotel romántico e desde o 22 de outubro dese ano, é o novo presentador de Operación Triunfo tras a volta do formato a televisión durante 2017, 2018 e 2020. En 2018 presentou Bailando con las estrellas con Rocío Muñoz Morales e en 2019 presentou La mejor canción jamás cantada e o concurso Vaya crack. Ademais, tamén presentou o programa andaluz Escala Sur de Canal Sur.

En marzo de 2020, Atresmedia ofreceulle un contrato para presentar a nova tempada de Pasapalabra en Antena 3, así como tamén estará a cargo de El desafío de "7 y Acción", a produtora de Pablo Motos. O 14 de abril de 2020 anúnciase a súa fichaxe e volta a Antena 3, cun contrato exclusivo de cadea para presentar os programas Pasapalabra e El desafío, pero antes finalizou as emisións de Operación Triunfo para concluír o seu paso por TVE.

Libros

Las Recetas de España directo. Los nuevos y apetitosos platos des programa de TVE (2009). Editorial Planeta. Coautor con Sara Brun. 220 páxs. ISBN 9788408081104. La cocina de España directo. Las nuevas recetas del programa de TVE (2010). Editorial Planeta. Coautor con Sara Burn. 250 páxs. ISBN 978-8408091677. Cuando los muñecos de la tele tenían un señor dentro (2014).Ediciones Martínez Roca. 232 páxs. ISBN 9788499984322. Mi abuelo Pepe. Un cuento para decir adiós (2024). Destino Infantil y Juvenil. Cuento infantil con Sara Rubio. 48 páxs. ISBN 9788408285281. El sótano (2026). Espasa. 344 páxs. ISBN 9788467082395.

Televisión Programas de televisión Período Título Función Cadea2001 - 2004Informativos TelecincoRedactorTelecinco2004 - 2005Siete lunasReporteiroCanal Sur2005Cada díaReporteiro Antena 32005 - 2010España directoReporteiroLa 12010 - 20113DCopresentadorAntena 3 2011 Hispania, un viaje en el tiempoPresentadorViaje a Downton AbbeyPresentador 2011 - 2014Espejo públicoCopresentador e colaborador2012 Te lo merecesCopresentador 2012 - 2014El estirónPresentador Nova2014;Tu cara me suenaInvitado como Palito OrtegaAntena 32014 - 2016Lotaría de NavidadPresentadorLa 1 2014 - 2018España directoPresentador e guionistaTelepasiónPresentador2015 Los Vengadores en AcciónPresentador Disney Channel2015 - 2017Cabalgata de ReisPresentador La 12016 60 años de TVEColaborador2017 Hotel románticoPresentador 2017 - 2018; 2020Operación TriunfoPresentador 2018 Bailando con las estrellasPresentador 2018 - 2019Badaladas de fin de anoPresentador ¡Feliz 2019!Presentador 2019La mejor canción jamás cantadaPresentador Vaya crackPresentadorEscala SurPresentadorCanal Sur 2019 - 2020Badaladas de fin de anoPresentador La 1¡Feliz 2020!Presentador 2020 - presentePasapalabraPresentador Antena 3El desafíoPresentador2020Liarla PardoInvitadoLa Sexta2020ZapeandoInvitadoLa Sexta

Radio Programas de radio Período Título Notas Cadea2012 - 2013La teniente UrgelColaborador Happy FM Radio

Premios 2012: Antena de Plata. 2017: Premio Zapping ao mellor presentador. 2018: Premio Andalucía del Turismo como embaixador de Andalucía. 2018: Antena de Oro ao mellor presentador. 2018: Premio Iris ao mellor presentador.

Vida persoal O 19 de setembro de 2015, contraeu matrimonio coa súa parella, Sara Rubio, que coñeceu no programa Espejo público. O 11 de xullo de 2017 tivo a súa primeira filla chamada Lola, con Sara Rubio.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Xornalistas de Andalucía Categoría:Presentadores de televisión de Andalucía Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Alcalá de Guadaíra