Abū al-Ḥusayn ‘Asākir ad-Dīn Muslim ibn al-Ḥajjāj ibn Muslim ibn Ward ibn Kawshādh al-Qushayrī an-Naysābūrī () ou Muslim Nayshāpūrī (,مسلم نیشاپوری), coñecido habitualmente como Imam Muslim, nado en Nishapu despois de 815 e finado en maio de 875, foi un estudoso do islam, célebre particularmente como muhaddith (estudoso do hadith). A súa colección de hadith, coñecida como Sahih Muslim, é unha das seis maiores coleccións de hadith no sunnismo e está considerada como unha das dúas máis auténticas (sahih) xunto con Sahih al-Bukhari.

Traxectoria Muslim ibn al-Hajjaj naceu en Nishapur na provincia abásida de Khorasan. Os historiadores discuten sobre a súa data de nacemento, dada como 202 da héxira (817/818), 204 (819/820) ou 206 AH (821/822).

Adh-Dhahabi dixo, "cóntase que naceu no ano 204 da héxira", aínda que tamén di, "pero penso que naceu antes diso".

Ibn Khallikan non puido atopar información sobre a data de nacemento de Muslim ou sobre a súa idade ao falecer, fóra do ḥuffāẓ (mestres do hadith), agás o seu acordo con que nacera despois do 200 AH (815/816). Ibn Khallikan cita a Ibn al-Salah, que cita a obra Kitab ʿUlama al-Amsar de Ibn al-Bayyiʿ, na súa afirmación de que Muslim tiña 55 anos cando morreu o 25 Rajab, 261 AH (maio de 875) e polo tanto o seu ano de nacemento sería 206 AH (821/822).

Ibn al-Bayyiʿ indica que foi soterrado en Nasarabad, suburbio de Nishapur.

Segundo os estudosos, Muslim era de orixe árabe ou persa O nisbah de "al-Qushayri" significa que Muslim pertencía á tribo árabe dos Banu Qushayr, da que algúns membros emigraron ao territorio persa conquistado durante a expansión do [Califato Rashidun]]. Un estudoso de nome Shams al-Dīn al-Dhahabī introduciu a idea que puido ser un mawla de ascendencia persa, atribuído aos Qushayr por medio da wala' (alianza). Un devanceiro de Muslim puido ser un escravo liberado dos Qushayri, ou talvez aceptou o islma de mans dos Qushayri. Segundo outros dous estudosos, Ibn al-Athīr e Ibn al-Salāh, realmente era un membro árabe desa tribo e a súa familia emigrara a Persia dous séculos despois da conquista.

As estimacións sobre o número de hadith nos seus libros están entre 3033 e 12 000, dependendo de se se inclúen os duplicados ou só o texto (isnad). Dise que o seu Sahih ("auténtico") comparte arredor de 2000 hadiths co Sahih de Bukhari.Lu'lu wal Marjan di que son 1900; Abi Bakr Muhammad b. 'Abdallah al-Jawzaqi apud Brown, 84 cona 2326.

Os mestres do autor inclúen a Harmala ibn Yahya, Sa'id ibn Mansur, Abd-Allah ibn Maslamah al-Qa'nabi, al-Dhuhali, al-Bukhari, Ibn Ma'in e Yahya ibn Yahya al-Nishaburi al-Tamimi entre outros. Entre os seus alumnos estiveron al-Tirmidhi, Ibn Abi Hatim al-Razi e Ibn Khuzaymah, cada un dos cales escribiu tamén obras sobre o hadith. Despois dos seus estudos pola península Arábiga, Exipto, Iraq e Siria, estableceuse na súa patria de Nishapur, onde coñeceu e foi amigo de Bukhari.

Legado O estudoso sunnita Ishaq Ibn Rahwayh foi o primeiro que recomendou a obra de Muslim.mardi keh in bud; al-Hakim, Ma‘rifat ‘ulum al-hadith, 98 apud Jonathan Brown, The Canonization of al-Bukhari and Muslim (Brill, 2007), p. 86 Os contemporáneos de Ishaq ao principio non o aceptaron. Abu Zur‘a al-Razi obxectaba que Muslim omitira demasiado material que Muslim recoñecía como auténtico e incluíra transmisores que eran febles.Brown, 91-2, 155

Ibn Abi Hatim posteriormente aceptou a Muslim como "confiábel, un dos mestres do hadith con coñecemento no hadith", mais isto contrasta co maior eloxio de Abu Zur‘a e tamén do seu pai Abu Hatim. É semellante con Ibn al-Nadim.Brown, p. 88–89

O libro de Muslim incrementou gradualmente o seu prestixio ata chegar a ser considerado polos musulmáns sunnitas como a colección máis auténtica de hadith só despois do Sahih Bukhari.

Notas

Referencias

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en MuslimScholars.info Biografía en Sunnah.com Breve biografía de Imam Muslim Biografía de Imam Muslim Tradución ao inglés de Sahih Muslim Interactive Family tree of Imam Muslim by Happy Books Interactive diagram of teachers and students of Imam Muslim by Happy Books

Categoría:Nados no Khorazán Razaví Categoría:Nados no século IX Categoría:Finados en 875 Categoría:Personalidades do islam