Sheila Marie Evans Widnall, nada o 13 de xullo de 1938 en Tacoma, é unha investigadora aeroespacial estadounidense e Profesora Institucional no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Foi a primeira muller titular da Secretaría da Forza Aérea dos Estados Unidos entre 1993 e 1997 e a primeira muller en liderar unha rama enteira das Forzas Armadas dos Estados Unidos no Departamento de Defensa. Foi incorporada ao Salón Nacional da Fama das Mulleres en 2003.

Traxectoria Widnall graduouse no MIT cun título de ciencias en 1960, despois cun mestrado universitaria en ciencias en 1961, e cun Doutoramento en ciencias en 1964, todos en Aeronáutica. Foi elixida para ocupar a sede de Profesora "Abby Rockefeller Mauzé" de Aeronáutica e Astronáutica en 1986 e uniuse á División de Sistemas de Enxeñaría en 1986. Foi Directora de Facultade entre 1979-1981 e foi Preboste Asociado do MIT entre 1992-1993. En 1988 foi a Presidenta da Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia, na que foi chave para a inclusión das mulleres na ciencia.

O 4 de xullo de 1993, ao estalar o Escándalo Tailhook, o entón Presidente dos Estados Unidos Bill Clinton anunciou o seu nomeamento como Secretaria da Forza Aérea. Durante o seu cargo tamén manexou o escándalo de Kelly Flinn. Foi elixida á Academia Nacional de Enxeñaría dos Estados Unidos en 1985, na que tamén serviu como vicepresidenta de 1998 a 2005. O 4 de outubro de 2009 Widnall recibiu o Premio Arthur M. Bueche Premio de parte desta mesma Academia.

Widnall foi un dos membros do do comité de investigación no accidente do transbordador espacial Columbia.

Investigación A investigación de Widnall enfocouse na mecánica de fluídos. Entre os seus artigos máis citados atópanse temas acerca de turbulencia, modelos de inestabilidades, métodos numéricos para casos particulares de problemas de fluxo e modelos teórico-experimental de vórtices toroidais..

Widnall tamén avogou pola inclusión de mulleres nas áreas de ciencia, tecnoloxía e enxeñarías.

Premios Entre os recoñecementos que recibiu Widnall atópanse:

1972: Premio Lawrence Sperry ao Mérito, por parte do Instituto Estadounidense de Aeronáutica e Astronáutica 1975: Premio ao Desempeño Extraordinario, por parte da Sociedade de Mulleres Enxeñeiras 1987: Premio Washburn, polo Museo de Ciencias de Boston 1993: Premio ao Servizo Distinguido, por parte da Academia Nacional de Enxeñaría dos Estados Unidos 1996: Cidadá de Nova Inglaterra do Ano, polo Concello de Nova Inglaterra 2001: Medalla Espírito de San Luís, pola Sociedade Estadounidense de Enxeñeiros Mecánicos

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Historia das mulleres na enxeñaría

Ligazóns externas

Biografía en NASA Perfil en CNN Biografía no Centro Internacional de Mulleres Perfil académico no Departamento de Aeronáutica e Astronáutica do Instituto Tecnonlógico de Massachussets Sheila Widnall en C-SPAN 

Categoría:Nados en 1938 Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Profesores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Nados en Tacoma, Washington