Carlota Álvarez Basso, nada en Vigo en 1964, é unha xestora cultural galega especializada en arte contemporánea, cunha longa traxectoria na xestión e comisariado de exposicións. Comisariou múltiples exposicións, foi Presidenta-Fundadora da Asociación de Directores de Museos e Centros de Arte Contemporánea de España, e foi membro de varios comités de honor e consellos asesores de institucións culturais de España. É autora de textos críticos para catálogos e participou en numerosos xurados de premios e festivais, así como en conferencias e mesas redondas de ámbito nacional e internacional. Desde nova militou no feminista, realizando o seu activismo persoal e profesionalmente na defensa da igualdade e o recoñecemento de mulleres artistas, visibilizando o talento feminino.
Traxectoria miniatura|dereita|Edificio Sabatini. Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía. dereita|miniatura|Pazo da Cultura de Pontevedra.
miniatura|dereita|Matadero Madrid, vista desde Madrid Río.
Filla de Darío Álvarez Gándara e de Gisela Basso Ramírez. En 1986 diplomouse en Socioloxía na Universidade de Nanterre en París, título que validou pola licenciatura en Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid. Realizou nesta universidade os cursos de doutoramento sobre o consumo cultural en España, no Departamento de Socioloxía IV, Teoría da Comunicación, campo interdisciplinar entre a Facultade de Ciencias da Información, Socioloxía e Belas Artes. Traballou como socióloga especializada en mercadotecnia aplicada ao consumo cultural, até que a comezos de 1990 se trasladou a Nova York, onde realizou prácticas durante nove meses no departamento de vídeo arte do Museo de Arte Moderna de Nova York Despois da estancia en Nova York foi contratada polo Museo Nacional Raíña Sofía de Madrid, onde puxo en marcha o departamento de audiovisuais, no que desenvolveu a súa actividade como xefa do departamento de Obras de Arte Audiovisuais desde xaneiro de 1992 até marzo de 1999. Realizou programas como Coregrafiar para la cámara, Señales de vídeo ou Gordon Matta-Clarkː vistas a través de lo invisible, e encargouse da programación das salas de cine do museo.
Converteuse na primeira directora e xerente do Pazo da Cultura de Pontevedra, inaugurado en 1999. Levou a dirección, programación e xestión das actividades realizadas neste organismo autónomo, no Teatro Principal de Pontevedra e no recinto feiral até 2001. Para a inauguración do centro programou a exposición da Lambert Art Collection, con 242 obras de 84 artistas de recoñecemento internacional, desde Man Ray, Matthew Barney, Sarah Lucas ou Kiki Smith, ofrecendo unha gran variedade de formatos e ampla temática e singular perspectiva da significación da fotografía na arte moderna e da súa propia capacidade para representar ideais estéticos. A exposición, con sede estable en Suíza, iniciou a súa itinerancia en 1997, sendo Pontevedra o único lugar no que se puido ver en España, antes de continuar por outros países.
Entre 2001 e 2005 dirixiu o Museo de Arte Contemporánea de Vigo de Vigo. Logrou o consenso social e institucional para o funcionamento do museo, coa convicción de facilitar o acceso da cidadanía á cultura máis actual e fomentar o espírito crítico.
Tras dimitir do seu cargo no MARCO en 2005 pasou a ser a Directora de Proxectos da Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais do Ministerio de Cultura de España.
En setembro de 2008 foi nomeada xerente da Fundación Córdoba Ciudad Cultural. Até 2011 dirixiu e defendeu a candidatura de Córdoba como Capital Europea da Cultura para 2016, o que finalmente non se acadou.
En 2013 foi nomeada directora do centro cultural Matadero Madrid, concibido desde o Concello de Madrid como un espazo interdisciplinar de intercambio de ideas sobre a cultura e os valores da sociedade contemporánea, aberto á participación de toda a cidadanía. Como directora xeral de Formulación e Avaliación Cultural do Concello de Madrid dirixiu e redactou o Plan Estratéxico de Cultura do Concello de Madrid, e levou a dirección dos proxectos e a execución do programa Madrid Activa, con espectáculos de teatro, danza e música nos 21 distritos do municipio. Dirixiu durante cinco anos o Centro de Cultura Contemporánea Matadero Madrid. En febreiro de 2018 regresou ao Museo Nacional de Arte Raíña Sofía para traballar na Subdirección Artística do museo desenvolvendo Proxectos Especiais, como El poder del Arte, que conmemora os 40 anos da Constitución Española.
En 2018 fundou e codirixiu o Festival Internacional de Cine hecho por Mujeres., con Diego Mas Trelles.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Carlota Álvarez Basso, en Galegos.
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1964 Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Artistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Directores do Museo de Arte Contemporánea de Vigo