Jagten é un filme dinamarqués de 2012 dirixido por Thomas Vinterberg e protagonizado por Mads Mikkelsen. A historia está ambientada nunha pequena aldea dinamarquesa arredor do Nadal, e conta a historia dun home que se converte no obxectivo de histeria colectiva despois de ser erroneamente acusado de abuso sexual a unha nena na súa clase de escola infantil.

O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto e competiu o Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2012, onde Mikkelsen gañou o premio ó mellor actor pola súa interpretación. Tamén gañou o Premio de Cinema do Consello Nórdico de 2013. O filme foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 86ª edición dos premios, chegando a ser finalmente nomeado. Foi nomeado na mesma categoría dos Globos de Ouro de 2013.

Sinopse Lucas é membro dunha comunidade dinamarquesa unida e traballa nun xardín de infancia local. Divorciado, loita por manter unha relación co seu fillo adolescente, que vive coa súa ex-esposa, mais goza dunha interacción saudable cos nenos do xardín de infancia. A súa compañeira de traballo Nadja da pasos cara a el e finalmente convértese na súa moza.

Unha das alumnas de Lucas é Klara, filla do seu mellor amigo, Theo. Ao lembrar unha foto pornográfica que lle amosara o seu irmán, Klara fai comentarios que levan ao director do centro a crer que Lucas se exhibiu perante ela. Cando é entrevistada, Klara dá un testemuño claro contra Lucas. Os adultos da comunidade cren a historia dos abusos, rexeitando as contradicións posteriores de Klara.

Personaxes Mads Mikkelsen como Lucas Alexandra Rapaport como Nadja Thomas Bo Larsen como Theo Lasse Fogelstrøm como Marcus Susse Wold como Grethe Lars Ranthe como Bruun Anne Louise Hassing como Agnes Bjarne Henriksen como Ole Annika Wedderkopp como Klara Ole Dupont como avogado

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes dirixidos por Thomas Vinterberg Categoría:Filmes rodados en Dinamarca Categoría:Filmes ambientados en Dinamarca Categoría:Filmes sobre educadores Categoría:Filmes sobre bullying Categoría:Filmes sobre pedofilia