miniatura|181px|Ranaldo's Moonlander,Yuri Landman, 2007 Lee M. Ranaldo, nado on 3 de febreiro de 1956 en Glen Cove, Nova York, é un músico, escritor, produtor e artista visual estadounidense coñecido por ser vocalista, guitarrista, compositor e cofundador da banda de rock alternativo Sonic Youth. No ano 2004 a revista Rolling Stone elixiu a Ranaldo e ao seu compañeiro Thurston Moore o 33 e 34 mellores guitarristas de todos os tempos respectivamente.http://www.rollingstone.com/music/lists/100-greatest-guitarists-of-all-time-19691231/lee-ranaldo-19691231 No mes de maio de 2012 a revista Spin publicou unha lista dos 100 mellores guitarristas, e Ranaldo e Moore quedaron situados no número 1.
Ranaldo ten tres fillos, Cody Linn Ranaldo, Sage Ranaldo e Frey Ranaldo, e está casado coa artista experimental Leah Singer, coa cal ten feito moitas performances en directo con música improvisada.
Biografía Ranaldo naceu en Glen Cove, Long Island, Nova York. Medrou escoitando discos dos Rolling Stones, The Kinks, Cream, Led Zeppelin, Talking Heads e Television, e graduouse na Binghamton University. Ten tres filos, Cody, Sage e Frey, e casou dúas veces, primeiro con Amanda Linn en 1981 da que se divorciou, e agora coa artista experimental Leah Singer.
Mentres estaba na universidade tocou nunha banda experimental de punk rock chamada The Flucts. En 1979 trasladouse a Brooklyn onde intentou revivir The Flucts e onde se uniu a diversos proxectos como Guitar Trio con Rhys Chatham e Plus Instruments. A través de Chatham coñecería ao compositor Glenn Branca e uniuse á súa orquestra de guitarras eléctricas. Na orquestra de Branca tocaba principalmente a guitarra eléctrica, pero tamén tocaba algunhas das guitarras harmónicas que Branca deseñara e construíra. En 1981, Ranaldo e David Linton uníronse brevemente á banda Plus Instruments que formara Truus de Groot. Con esta formación gravaron o álbum February - April 1981, publicado polo selo holandés Kremlin. Pouco despois Thurston Moore oganizou o Noise Festval na galería de arte White Columns e convidouno a formar parte do seu grupo, no que tamén estaba a súa moza Kim Gordon, nacendo así Sonic Youth. Ao pouco tempo uniríaselles o batería Richard Edson.
Ademais da súa actividade con Sonic Youth, Ranaldo vén sendo unha figura moi activa na escena musical de Nova York, gravando e colaborando con numerosos artistas, producindo discos, e publicando varios libros.
Entre as gravacións en solitario de Ranaldo atópanse Dirty Windows, unha colección de textos falados con música; Amarillo Ramp (For Robert Smithson), pezas para guitarra; e Scriptures of the Golden Eternity. Escribiu tamén libros, moitos dos cales inclúen imaxes e fotografías da súa muller, como Bookstore, Road Movies e Jrnls80s.
Discografía en solitario Álbums Álbum Ano Selo Notas From Here to Infinity 1987 SST Records, Blast First Scriptures of the Golden Eternity 1993 Father Yod, Drunken Fish Records Dirty Windows 1999 Barooni Amarillo Ramp (For Robert Smithson) 2000 Starlight Furniture Co. Outside My Window The City Is Never Silent - A Bestiary 2002 Chocolate Monk, Hell's Half Halo Music for Stage and Screen 2004 Les Disques Du Soleil Et De L'Acier Ambient Loop for Vancouver 2006 Important Records Maelstrom from Drift 2008 Three Lobed Recordings Between the Times and the Tides 2012 Matador Records Last Night on Earth 2013 Matador Records con The Dust Acoustic Dust 2014 El Segell con The Dust Electric Trim 2017 Mute Records
EPs e sinxelos A Perfect Day EP (1992) Broken Circle / Spiral Hill EP (1994) Countless Centuries Fled Into The Distance Like So Many Storms EP (2008)
Recompilatorios East Jesus - 1995
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Sonic Youth
Categoría:Cantantes do estado de Nova York Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores musicais Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados no condado de Nassau, Nova York Categoría:Membros de Sonic Youth