Matthew David Cameron, nado o 28 de novembro de 1962 en San Diego (California), é un músico estadounidense. Tocou a batería na banda de grunge Soundgarden dende 1986 ata a súa disolución en 1997. Despois da desaparición de Soundgarden foi invitado polos seus amigos de Pearl Jam, onde estivo tocando ata a actualidade. Cameron tamén tocou a batería nos proxectos paralelos Hater e Wellwater Conspiracy, facendo tamén funcións de vocalista na última.

Categoría:Baterías Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en San Diego