miniatura|Esquema dos satélites KH-2. KH-2 (Keyhole-2) ou Discoverer, parte do programa Corona, foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola CIA.

Historia Os KH-2 foron a segunda versión dos satélites KH-1, o primeiro intento por parte dos Estados Unidos de poñer en marcha unha serie de satélites de recoñecemento óptico. A carga útil de cada KH-1 consistía nunha cámara Corona panorámica mellorada e unha cápsula de retorno para enviar a terra a película fotográfica usada pola cámara. A cámara, construída por Fairchild Camera Co., tiña unha apertura de f/5.0 e unha lonxitude focal de 61 cm, cunha resolución de 10,7 m.

Os satélites estaban baseados na etapa superior do foguete Agena B, que proporcionaba control de actitude unha vez en órbita. A cápsula de retorno da película tiña o seu propio retrofoguete de propelente sólido para regresar á Terra. A cápsula era recollida mentres estaba aínda no aire mediante un avión especialmente equipado.

Lanzáronse dez KH-2 entre 1960 e 1961, todos mediante foguetes Thor Agena B. Catro fallaron durante o lanzamento e dos restantes e catro dos que chegaron a órbita devolveron a película fotográfica con éxito.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasKH-2 126 de outubro de 1960Thor Agena BFalloKH-2 212 de novembro de 1960Thor Agena BÉxitoKH-2 37 de decembro de 1960Thor Agena BÉxitoKH-2 430 de marzo de 1961Thor Agena BFalloKH-2 516 de xuño de 1961Thor Agena BÉxitoKH-2 67 de xullo de 1961Thor Agena BFalloKH-2 74 de agosto de 1961Thor Agena BFalloKH-2 823 de outubro de 1961Thor Agena BFalloKH-2 95 de novembro de 1961Thor Agena BÉxitoKH-2 1015 de novembro de 1961Thor Agena BÉxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos KH-1 KH-3 KH-4 KH-5 KH-6 KH-7 KH-8 KH-9 KH-10 KH-11 Thor Agena B

Categoría:Satélites artificiais