Anatoly Semyonovich Levchenko, nado en Krasnokutsk o 21 de maio de 1941 e finado o 6 de agosto de 1988, foi un cosmonauta soviético que formou parte das misións Soiuz TM-4 e Soiuz TM-3.

Traxectoria Levchenko graduouse na Escola Superior da Forza Aérea en Chernigov en 1964 e entrou no corpo de cosmonautas en 1978, adestrando ata xullo de 1980. Participou nas misións Soiuz TM-3 e Soiuz TM-3, pasando un total de 7,92 días no espazo. Faleceu o 6 de agosto de 1988 de cancro cerebral.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz TM-4 Soiuz TM-3

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados na rexión de Kharkiv